PROXECTO
Laxe pon en valor o patrimonio natural e cultural do litoral
Instalou paneis informativos en catro miradoiros da capital local

Alfonso Villares, no centro, contemplando o panel ubicado na zona do cemiterio de Laxe / Xunta
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou os paneis informativos instalados nos miradoiros de Cabo de Area, faro, cemiterio e capela de Santa Rosa, no concello de Laxe, os cales foron financiados pola Xunta a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte.

O fotógrafo Luis Polo explicando o contido dun dos paneis instalados en Laxe / Xunta
Villares puxo en valor «o impacto positivo deste tipo de actuacións na valorización do patrimonio natural, paisaxístico e cultural do litoral galego». Acompañado polo alcalde, Francisco Charlín, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, sinalou que estas accións permiten afondar no coñecemento e posta en valor da contorna pesqueira, e axudan a divulgar a necesidade de salvagardar o entorno e as actividades que se desenvolven «como garantía para un futuro sostible, tanto entre a propia veciñanza como entre os visitantes que recalan no municipio».

Marta Villaverde, Guillermo González, centro, e Alfonso Villares no faro de Laxe / Xunta
A Consellería do Mar vén de desenvolver diferentes investimentos en Laxe, como a mellora dos equipamentos da fábrica de xeo da lonxa (84.000 €). A confraría tamén foi beneficiaria da liña de axudas para proxectos colectivos con case 41.000 euros. Ademais, na dragaxe do porto investiu 3,6 millóns de euros.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro