Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Coristanco iniciará o día 22 deste mes o Foro Empresarial Lácteo

Expertos de sector analizarán en tres xornadas a xestión das granxas, as axudas e a distribución

Imaxe de arquivo dunha granxa de vacas.

Imaxe de arquivo dunha granxa de vacas. / Antonio Hernández-Marcos Manteiga

Coristanco

O edificio de servizos múltiples de Coristanco acollerá os días 22 e 29 de xaneiro e 5 de febreiro, de 11.30 a 17.00 horas, a terceira edición do Foro Empresarial Lácteo, que nesta ocasión se centrará en cuestións relativas á xestión e organización das granxas, tanto a nivel interno como na adaptación á situación dos mercados.

Na xornada do mércores 22, Juan Manuel Fiz (gandeiro e veterinario), disertará sobre a organización e xestión interna da granxa (11.15); celebrarase un coloquio (15.00) sobre condicionalidade reforzada e social das axudas da PAC, con José Luis Acción (Fogga), Alberto Méndez (Tragsatec) e Javier Recarey (da Consellería de Medio Rural); e Jesús Combarro (director de Banca Sectorial de Abanca) falará das últimas novidades sobre a financiación do sector agrario (16.00).

O mércores 29, José Luis Antuña (conselleiro de Quescrem), falará da situación dos mercados e adaptacións da xestión das granxas (11.00); Miguel Ángel Ariño (IESE), participará nun coloquio sobre a toma de decisións nas empresas (15.00); e Rosaura Leis, catedrática de Pediatría e presidenta da Fundación Española de Nutrición, presentará o Libro blanco de los lácteos (16.00).

Na xornada do mércores 5 de febreiro, José Manuel Andrade (director da Fundación Juana de Vega), falará dos actores da cadea láctea (11.00) e representantes de Industria Láctea analizarán a súa estratexia de valorización do leite; e haberá unha mesa redonda con representantes de cadeas de distribución (15.00 horas).

Tracking Pixel Contents