Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Barbanza e Cee disporán este ano de hospitais de día oncohematolóxicos

Estímase que atenderán ata 640 e 365 pacientes, respectivamente

Sanidade destinará 1,4 millóns de euros ás obras de novas instalacións

Facilitarán o acceso a tratamentos especializados

Fachada del hospital comarcal del Barbanza, que será objeto de ampliación

Fachada del hospital comarcal del Barbanza, que será objeto de ampliación / Suso Souto

Santiago

A Xunta de Galicia habilitará este ano hospitais de día oncohematolóxicos nos hospitais públicos de Barbanza e Cee, segundo o previsto nun informe da Consellería de Sanidade que foi abordado polo Goberno autonómico na súa reunión semanal.

O Sergas destinará un total de 1,4 millóns de euros para as obras das novas instalacións, que cobrarán especial relevancia no Hospital Público de Barbanza, no cal é preciso construír un novo espazo para poder prestar o servizo.

Máis de 1.000 pacientes ao ano entre os dous centros

No relativo ás previsións de atención a pacientes, espérase que no hospital de día de Barbanza se atendan a 640 doentes ao ano, tendo en conta a taxa de incidencia do cancro e a poboación do distrito sanitario (64.000 habitantes). No distrito de Cee (36.000 persoas), está previsto atender a 365 persoas ao ano.

Segundo remarca a Xunta, a creación destes hospitais “optimiza os recursos sanitarios e aproxima servizos de calidade e complexos á contorna da cidadanía, mellorando a calidade de vida dos pacientes e os seus familiares”.

Tratamentos especializados cerca da casa

Así, a presenza destes novos hospitais de día posibilitará o acceso a tratamentos especializados para enfermidades oncolóxicas e hematolóxicas, coma poden ser a quimioterapia ou as transfusións sanguíneas, sen ter que desprazarse a outro hospital e sen hospitalizacións prolongadas.

O Executivo galego tamén asegura que os hospitais de día posibilitan unha maior eficacia, cunha atención integral e continuada, permitindo un “enfoque multidisciplinar” no tratamento do cancro. Nun mesmo lugar, os pacientes poden recibir atención de oncólogos, hematólogos, persoal de enfermería e outros profesionais, cun seguimento máis próximo e coordinado.

Ao mesmo tempo, engaden que a creación destes dispositivos asistenciais tamén fai posible a inclusión de programas de prevención e detección precoz. Este tipo de centros tamén poden ofrecer servizos de apoio psicosocial, como grupos de apoio ou terapias “esenciais para o benestar do paciente”.

Rueda: “Evitará desprazamentos a Santiago e á Coruña”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que se trata dun “acordo importante” que permitirá a Galicia “seguir na vangarda no servizo de oncoloxía”. Destacou ademais que a habilitación destes novos hospitais de día evitarán que os pacientes destas áreas sanitarias teñan que “desprazarse a Santiago ou á Coruña para tratamentos oncolóxicos, como a quimioterapia”. Subliñou ademáis que “non terán que quedar ingresados”.

Respecto ás obras para habilitar os espazos necesarios, Rueda sinalou que serán licitadas no primeiro trimestre deste ano e, no caso de Barbanza, o prazo de execución será de seis meses, e no do Virxe da Xunqueira de Cee o prazo reducirase a só tres meses.

Tracking Pixel Contents