Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames traza coa Xunta a folla de ruta para avanzar no polígono de Bertamiráns

O parque empresarial, que contará con 30 hectáreas, estará preto da rotonda que dá acceso á estrada de Negreira

Reunión mantida onte entre a directora xeral de Industria, Margarita Ardao, e o alcalde de Ames, Blas García

Reunión mantida onte entre a directora xeral de Industria, Margarita Ardao, e o alcalde de Ames, Blas García / CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

O Concello de Ames segue dando pasos para que futuro polígono empresarial de Bertamiráns poida ser unha realidade máis pronto que tarde. O alcalde, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, mantiveron este martes unha reunión coa directora xeral de Industria, Margarita Ardao, na que se estableceu a folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto.

Na xuntanza, o Concello comprometeuse a iniciar os trámites para a modificación do Plan Xeral que permita facer efectiva a nova delimitación do polígono.

«Suporá un antes e un despois»

O novo parque empresarial disporá dunhas 30 hectátas e estará situado na contorna de Bertamiráns, na zona de Caroubáns, próxima ao desvío da estrada a Negreira e da autovía a Noia. Para o Goberno local trátase dun proxecto estratéxico e suporá, segundo o alcalde, un antes e un despois para Ames e arredores. «Somos un concello en continuo crecemento e este debe ser sostible. A creación desta área empresarial suporá o establecemento de empresas e a xeración de postos de traballo», sinala García.

Nestes momentos o Concello conta xa cunha primeira relación de empresas interesadas en instalarse no futuro polígono. Estas firmas ocuparían xa máis do 25% dos metros cadrados ofertados. O trámite continúa aberto.

Tracking Pixel Contents