Impulsan accións de control da flora e fauna do Ulla na área do Xirimbao
A Xunta investiu preto de medio millón de euros dende 2022 en actuacións de mellora deste espazo recreativo

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo (c.), e a conselleira Ángeles Vázquez (d.) durante a visita ao Xirimbao / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou onte a área recreativa do Xirimbao, no Concello de Teo, un espazo no que o goberno galego levo investido preto de medio millón de euros dende o ano 2022 en diferentes accións de mellora que inclúen actuacións de control da flora e fauna invasoras deste ecosistema fluvial na contorna do río Ulla.
Así pois, gran parte dos fondos dispostos foron dedicados a este tipo de labores, nos que se contaron traballos de eliminación de especies exóticas invasoras e a mellora da vexetación de ribeira, coidando dalgunhas das árbores senlleiras do parque, que inclúe dúas secuoias vermellas de grande antigüidade; ademais de traballos de reparación e mantemento do edificio do refuxio de pescadores do couto de Couso.
Actualmente, o Executivo autonómico ten en marcha unha obra para artellar unha estación de control da fauna piscícola cun contador automático de exemplares, unha intervención que ten un orzamento asignado superior aos 166.000 euros.
De igual xeito, a conselleira trasladou que a Xunta prevé actuar sobre a icónica pasarela colgante do Xirimbao, cuxo estado puido comprobar de primeira man, así coma as intervencións previas á mellora integral desta infraestrutura, á que se dedicarán uns 111.650 euros.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Hablan los okupas de Bertamiráns: 'Solo pedimos una oportunidad
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- La fiebre por las tartas de queso aterriza en Galicia con un gran festival cerca de Santiago
