Muxía presentará en Fitur a Primeira Semana de Exaltación do Percebe
Pretende poñer en valor valores relacionados co medio ambiente, a sustentabilidade do recurso e a figura da muller do mar

Degustación de percebes de Muxía no stand dun certame da Deputación da Coruña. / Cedida
O Concello de Muxía presentará a vindeira semana na Feria Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, a súa nova aposta turístico-cultural: a I Semana de Exaltación do Percebe. O obxectivo da iniciativa é «poñer en valor e preservar a identidade muxiá, vinculada á cultura, a tradición e a natureza», segundo a concelleira de Cultura e Turismo, Sandra Vilela.
«Queremos que tanto a nosa veciñanza como as persoas que nos visiten gocen deses días a través de numerosas iniciativas para dar a coñecer a nosa cultura e tradición. Pretendemos preservar a esencia da nosa identidade, do que é Muxía. Por iso escollemos o lema Percibe Muxía, xa que encaixa tanto pola súa similitude co percebe como polo sentido do que buscamos transmitir a través desta experiencia», explica a concelleira.
Deste xeito, durante as datas da I Semana de Exaltación do Percebe (aínda por desvelar) Muxía acollerá diversas actividades vinculadas a potenciar necesarios valores relacionados co medio ambiente, a sustentabilidade do recurso marítimo ou a figura da muller do mar.
«Tamén haberá, por suposto, degustacións do produto. Pero esas catas non serán o fío condutor. Non queremos crear unha festa gastronómica», dixo Vilela.
Os tres eixos da I Semana de Exaltación do Percebe son a valoración da identidade e cultura, o coidado e a sustentabilidade da natureza e o papel da muller de xeito especial no mundo do mar.
O alcalde, Javier Sar, e a edil de Cultura e Turismo xa teñen concertadas reunións con diferentes axentes turísticos en Fitur, entre os vindeiros días 22 e 24 deste mes, para explicarlles este novo proxecto, que comeza a vertebrar «un xeito diferente de promover o turismo, máis pensado e mimado, que fuxa das aglomeracións porque si», segundo Sandra Vilela.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
