Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Mercamelide de inverno vai incluír unha cita coa gastronomía e coa artesanía

A doble cita terá lugar os días 8 e 9 de febreiro no Pazo de Congresos da localidade

Imaxe de arquivo dunha anterior edición do Mercamelide de inverno.

Imaxe de arquivo dunha anterior edición do Mercamelide de inverno. / Arca

Melide

O Mercamelide de inverno regresará os días 8 e 9 de febreiro a Melide con 17 comercios participantes. Esta cita co comercio local presenta nesta edición unha gran novidade: o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia.

Un ano máis, o Pazo de Congresos acollerá un gran espazo de compra durante toda a fin de semana, para que a veciñanza e visitantes poidan adquirir produtos de primeira calidade do comercio local e a prezos moi competitivos, que inclúen fogar, roupa, electrodomésticos, calzado ou tecnoloxía. 

O Mercamelide de inverno acollerá por primeira vez o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia con máis dunha decena de postos.

Esta iniciativa procura non só apoiar o comercio local, senón tamén promover a actividade no medio rural, e supón unha aposta por medidas de desenvolvemento do mesmo.

Con esta actividade, o Concello aposta por dar visibilidade ao conxunto dos sectores comerciais de Melide e dos concellos da proximidade e pór en valor os trazos culturais e económicos máis distintivos e singulares do municipio.

Esta cita amosa tamén a forte tradición que a comarca ten como zona de artesáns e comerciantes, os cales son unha parte importante do motor económico da localidade.

Tracking Pixel Contents