Dous docentes de Zas publican o primeiro manual escolar galego sobre Intelixencia Artificial
Fina Paulos e Óscar Rey, do IES Maximino Romero de Lema, plantexan unha reflexión sobre os seus desafíos éticos, sociais e legais

Pola esquerda, Óscar Rey, Ana Facal (directora do centro), Judith Fernández e Fina Paulos. / Hortensia Román
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou este martes o IES Maximino Romero de Lema, en Zas, onde gabou a aposta pola innovación educativa dos dous docentes deste centro que son autores do primeiro manual escolar de Intelixencia Artificial en Galicia.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tivo a oportunidade de afondar cos dous profesores do departamento de Informática, Fina Paulos e Óscar Rey, nos detalles da publicación e na súa utilidade para abordar un enfoque responsable das posibilidades da Intelixencia Artificial.
A directora xeral explicou que foi precisamente esta necesidade de fomentar un uso axeitado desta nova ferramenta desde a escola o que impulsou ao Goberno galego a poñer en marcha a materia Intelixencia Artificial para a sociedade en cuarto da ESO, que se complementa en primeiro de Bacharelato coa materia Tecnoloxías Intelixentes. Entre as dúas, no seu segundo curso de implantación, contan xa con máis de 3.000 alumnos matriculados.
Editado por Medulia, o manual Intelixencia Artificial para a sociedade propón un achegamento a estas novas tecnoloxías desde unha visión clara e pedagóxica. Inclúe tanto a perspectiva teórica, cun repaso sobre a evolución da disciplina, como múltiple supostos prácticos con información ao redor das principais ferramentas neste eido e as súas posibilidades de aplicación. O libro reflexiona, así mesmo, sobre os desafíos éticos, sociais e legais da IA.
O pasado mes de cecembro, Fina Paulos Lareo foi seleccionada como finalista nos VIII Premios Educa Abanca (considerados os Goya do eido educativo) na categoría de Secundaria e Bacharelato, sendo recoñecida como unha das dez mellores docentes de España.
Este logro engádese a unha traxectoria de éxitos que xa inclúen o 2º premio Educa Abanca en 2019 na categoría de FP.
Fina Paulos, cunha ampla experiencia no ensino, destacou nos últimos anos pola súa capacidade de innovación e pola introdución de novos enfoques pedagóxicos, especialmente no campo da Intelixencia Artificial, onde coordinou proxectos co seu alumnado que axudaron a fomentar valores e a mellorar a vida das persoas con diversidade.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover