Ames negocia coa Sareb a cesión de solos para crear vivenda pública e zonas verdes
Trátase de parcelas que na actualidade non teñen ningún tipo de uso concreto

Reunión entre Alberto Molowny e Blas García / Cedida
O alcalde de Ames, Blas García, mantivo onte unha xuntanza co director de Xestión de Administracións Públicas e Relacións Institucionais da Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), Alberto Molowny, con quen negociou a posible cesión por parte desta entidade de varias parcelas das que dispón no municipio e que na actualidade non teñen ningún tipo de uso concreto.
O obxectivo do goberno amesán é que este solo se poida dedicar tanto á promoción de vivendas públicas conveniada co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) na vila do Milladoiro como á creación de novas zonas verdes e sendas peonís na contorna de Bertamiráns.
Deste xeito, as conversas trataron sobre unha parcela concreta, ubicada no polígono S-16 Galdrachán do Milladoiro, para incrementar en 37 vivendas a oferta que o IGVS prevé construír en vindeiras datas nesta urbe. A mencionada parcela da Sareb atópase nas inmediacións da casa da cultura e moi preto do pavillón municipal, e ocupa unha superficie de 966 metros cadrados, cunha edificabilidade residencial máxima de máis de 3.000 metros cadrados.
De acadarse a súa cesión, pasaría a formar parte dun proxecto para erguer ata 213 vivendas nesta área, cunha superficie de urbanización que, xunto aos outros seis terreos aportados polo Concello, superaría a media hectárea.
Por outra parte, no relativo á creación de máis zonas verdes, espazos de esparexemento e sendas peonís, o executivo amesán requeriu a cesión de varias parcelas, cunha superficie total de tres hectáreas, nos lugares de Cantalarrana, a travesía de Fontaldeiro, a rúa da Fragua e a travesía do Pedregal.
O Concello comprométese a acondicionalas e a facerse cargo do seu mantemento para que teñan un uso público, mentres a Sareb non decide para que serán finalmente empregados.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
