Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Doan ao Concello de Vedra un cadro que representa a ponte do Gundián

Foi pintado polo autor e veciño Manuel Jesús Oliveira Fernández

Acto de sinatura da cesión da obra de Manuel Jesús Oliveira Fernández ao Concello de Vedra

Acto de sinatura da cesión da obra de Manuel Jesús Oliveira Fernández ao Concello de Vedra / Cedida

O Concello de Vedra dispón dende onte nos seus fondos da obra Resplandor no río, pintada polo artista e veciño Manuel Jesús Oliveira Fernández, quen asinou un acordo para ceder este óleo sobre tela a propiedade municipal despois de ter sido protagonista da exposición Inquietudes II durante o pasado mes de novembro.

O cadro, datado no ano 2014, representa a icónica ponte do Gundián sobre unha paisaxe natural e un horizonte de vivas cores.

“É para min unha honra regalar esta obra que para min tanto representa ao noso municipio e que así poderá lucir na casa consistorial”, declarou o autor.

Tracking Pixel Contents