Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O novo radar de Pontevea non comezará a multar ata febreiro

O cinemómetro instalouse á saída da vila nun tramo da AC-841 próximo a un centro educativo

Tramo da estrada AC-841 próximo a onde se instalou un novo radar fixo

Tramo da estrada AC-841 próximo a onde se instalou un novo radar fixo / Google Maps

A estrada provincial AC-841, que conecta Santiago de Compostela con Pontevea (Teo), conta dende xa cun novo radar fixo instalado no punto quilométrico 9,8 desta vía, no sentido da marcha con rumbo á capital galega.

Este novo dispositivo xa está activo e debidamente sinalizado, pero durante o primeiro mes de funcionamento non sancionará aos condutores que excedan a velocidade, que só recibirán unha carta informativa.

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, indicou que, aínda que esta sexa unha decisión da Dirección Xeral de Tráfico que non compete ao Concello, está «de acordo» coa súa instalación posto que axuda a mellorar a seguranza viaria na contorna da vila e, especialmente, nas proximidades dun centro educativo.

Tracking Pixel Contents