AGRO
Duascentas sinaturas para pedir os títulos da parcelaria de Carnés e Cereixo
Foron entregadas polo BNG na Xunta para demandar a axilización do proceso

Belén Mosquera, Óscar Insua, centro, e Benxamín Queiro na Xunta / BNG
O BNG de Vimianzo presentou un escrito con máis de 200 sinaturas da veciñanza na Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña, para pedir que se apuren os trámites para entregar os títulos notariais da concentración parcelaria nas parroquias de Carnés e Cereixo.
Foron recollidas e rexistradas polo portavoz municipal, Benxamín Queiro, que estivo acompañado polo deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua. Ambos os dous mantiveron ademais unha xuntanza coa xefa de servizo de Estruturas Agrarias da Coruña, Belén Mosquera, quen lles confirmou que están traballando para que durante este ano 2025 se poidan entregar os títulos definitivos da concentración parcelaria, e que a demora neste asunto débese a cuestións técnicas que hai que corrixir.
Oscar Insua sinalou que «non se pode estar 40 anos tramitando unha concentración parcelaria, pois isto non axuda nada a impulsalas noutros lugares». Pola súa banda, Benxamín Queiro manifestou que «non pararemos de insistir para dar solución a este retraso que consideramos inxusto, pois cómpre recordar que o proceso foi rematado en firme no 2020 e, polo tanto, a Xunta debe dar prioridade aos posibles problemas que puideran ter xurdido despois, como así o ten feito noutros casos».
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Vecinos y oposición detectan fallos al humanizar Milladoiro y exigen multas por estacionar mal
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: crónica del paro desde puntos clave de Santiago
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?

