Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

GANDEIRÍA

Medio Rural apoiará con 150.000 euros os certames adicados ao bovino selecto

A conselleira participou na Poxa de Gando Frisón de Santa Comba

A conselleira, segunda pola dereita, na poxa de gando de Santa Comba

A conselleira, segunda pola dereita, na poxa de gando de Santa Comba / Xunta

Santa Comba

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu á XXIII Poxa de Gando Frisón de Santa Comba, onde puxo en valor a importancia deste tipo de celebracións como «punto de encontro para gandeiros e gandeiras», que acoden a estes eventos buscando a calidade que caracteriza á cabana gandeira galega.

A Consellería do Medio Rural conta cunha liña de achegas específica destinada á realización de certames de gando bovino selecto que, como lembrou a titular do departamento, se publicaron esta mesma semana no Diario Oficial de Galicia cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros.

O obxectivo destas achegas é potenciar estas actividades, xa que supoñen un incentivo para a recría dos animais selectos en Galicia, facilitando o seu coñecemento para o resto das gandarías, ademais de posibilitar a súa comercialización e representar un estímulo para a mellora gandeira.

María José Gómez reivindicou tamén a contribución desta poxa á consolidación de Galicia como líder nacional «indiscutible» no sector leiteiro. Lembrou que da nosa comunidade sae arredor do 42% do leite que se produce en España e salientou que se atopa entre as dez primeiras rexións europeas.

A conselleira fixo tamén referencia aos plans de mellora de explotacións e para fomentar a remuda xeracional, dotados con 49,5 millóns de euros en 2024. Facilitarán a mellora de 370 explotacións e a incorporación de 320 mozos e 133 novos agricultores.

TEMAS

Tracking Pixel Contents