O pleno de Ames centrarase no SAF e nas declaracións de bens dos edís
O BNG presentou unha moción para que se implanten medidas de prevención e de resposta fronte ás inundacións

Salón de plenos do Concello de Ames / Cedida
O pleno do Concello de Ames reunirase este xoves para celebrar a sesión ordinaria deste mes de xaneiro, que se centrará na aprobación dos modelos de declaracións de bens e actividades dos diferentes concelleiros e concelleiras e na resolución do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF).
Con respecto ao primeiro destes temas, o goberno municipal propón que se respaldo cun acordo plenario un modelo que se vén empregando en tempos recentes para este trámite, pero que non foi formalmente aprobado de momento.
En relación ao SAF, o grupo de goberno avoga por non ter en conta as alegacións da empresa adxudicataria e trasladar ao Consello Consultivo a intención de resolver o contrato coa mesma ante o incumprimento constatado de obrigas esenciais para a prestación deste servizo.
Ademais, incautaráselle unha cantidade de máis de 132.000 euros sen prexuízo de indemnizacións posteriores.
Outros temas a abordar na sesión plenaria serán a modificación do regulamento da rede de comedores escolares e doutros servizos municipais de conciliación, e unha moción do Bloque Nacionalista Galego para implantar medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións.
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas
- De Ames a Negreira, las alumnas que lideran las notas de la PAU de Galicia: «Sabía que la nota era buena... pero no tanto»
- Conxo rinde homenaje al histórico árbol plantado por Moncho Cascarilla con una estatua tras su polémica tala
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- El restaurante de Santiago que triunfa con sus cachopos: 'No tienen nada que envidiarle a los de Asturias
- Galicia se enfrenta a un episodio de calor extremo: alerta roja en Pontevedra y hasta 33 grados en Santiago
- Estuvo a punto de dejarlo y ahora este compostelano es campeón mundial de culturismo: 'La gente me dice que no sabe cómo soy capaz
