Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PSOE critica que o alcalde de Malpica cobre desprazamentos para visitar obras

"Terei que pasar os gastos, porque eu non teño vehículo oficial", dixo Eduardo Parga

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga. / Concello de Malpica

Malpica

Os socialistas de Malpica denuncian públicamente que o alcalde do PP, Eduardo Parga, «cobra dietas por desprazamentos que realiza dentro do propio concello» «Segundo a información á que tivemos acceso, o rexedor vén percibindo compensacións económicas en concepto de desprazamentos por asistir a reunións veciñais, obras ou actos institucionais dentro dos límites do concello, algo que consideramos totalmente irregular e contrario á ética na xestión dos recursos públicos», explica a formación.

O PSOE engade que «as dietas por desprazamentos están concibidas para cubrir gastos derivados de viaxes fóra do municipio, non para desprazamentos cotiáns dentro do mesmo» e afirma que Parga pasou ao Concello 1.750 € «por desprazamentos para exercer as funcións da Alcaldía no ano 2024 e 2.126 € en 2023».

Entre eses gastos figuran, por exemplo 7,80 € por revisar desbroces nas parroquias; 9,10 € por percorrer as parroquias para ver as necesidades dos veciños; ou 0,52 céntimos por un desprazamento para visitar unha obra.

O alcalde dixo a este xornal que «se uso o meu coche para desprazamentos oficiais, terei que pasar os gastos, porque eu non teño coche oficial».

Tracking Pixel Contents