O novo regulamento dos comedores tensa a relación de PSOE e BNG en Ames
O goberno municipal defende a pertinencia da medida para asegurar a calidade do servizo e que se empregue para poder conciliar

Nova zona de comedor do CEIP A Maía, no municipio de Ames / Cedida
Despois de que o pleno do Concello de Ames aprobara o novo regulamento dos comedores escolares e outros servizos municipais de conciliación, o grupo do goberno en minoría do PSOE e o seu principal socio da oposición, o BNG, volveron adoptar onte posicións diverxentes nesta materia.
A nova normativa introduce diferentes disposicións que, segundo a administración local, procuran asegurar que os usuarios que acceden a estes servizos fagan uso deles para conciliar realmente a vida familiar e a laboral. Así pois, daráselle prioridade nos criterios de acceso aos mesmos a persoas residentes en Ames ou que teñan o seu centro de traballo neste concello.
Neste sentido, establécense diferentes categorías de usuarios: fixos, por quenda, ocasionais ou extraordinarios, con diferentes requirimentos, pensados para favorecer a conciliación con actividades laborais acreditadas.
Así mesmo, tamén se introduce neste texto a prohibición expresa de que as familias que empreguen o concilia matinal, coñecido como Bos días, cole, poidan facer uso da totalidade das horas do seu equivalente vespertino, Tardes divertidas, con excepción de «casos puntuais moi motivados aprobados polo departamento municipal de Educación ou polos servizos sociais do Concello» para evitar que os nenos e nenas cheguen a estar máis de doce horas fóra dos seus fogares.
Dende o goberno de Ames reivindicaron onte de novo a necesidade desta reforma para facer sostibles os servizos prestados e reafirmáronse en que seguirán a propor medidas que melloren a calidade da vida dos e das amesás, con independencia de que grupos da oposición as apoien.
Sobre o aprobado onte, engaden que é un regulamento froito de meses de debate e que permite blindar o sistema de conciliación nun municipio referente nesta materia, polo que afearon a falta de voto afirmativo do BNG.
Pola súa parte, a formación nacionalista reiterou que o novo regulamento «supón un claro recorte nos dereitos e na calidade dos servizos ofrecidos ás familias» que, ademais, chega ao mesmo tempo que unha subida nas taxas do servizo, actualizadas polo pleno tras anos conxeladas.
Mentres tanto, o PP de Ames tamén amosou a súa satisfacción pola aprobación dun regulamento que permitirá afinar o acceso a un servizo que, ao seu entender, debe estar«dirixido a aquelas familias que precisan conciliar».
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
- Muere María Jesús Quintanilla, viuda del exsenador y exrector de la USC José María David Suárez Núñez

