Piden que o Parador de Muxía estea aberto «o maior tempo posible» ao longo do ano
Directivos de Costa da Morte Asociación Turística reuníronse coa presidenta de Paradores, Raquel Sánchez

Raquel Sánchez, terceira pola dereita, con directivos de CMAT. / Cedida
No marco de Fitur, directivos de Costa da Morte Asociación Turística reuníronse coa presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, a quen lle reiteraron a importancia de que o Parador de Costa da Morte, situado en Muxía, estea aberto «o maior tempo posible durante o ano». Esto suporía apostar por unha desestacionalización turística que favorecería a todo o sector, non só de Muxía, senón de toda a comarca.
A proposta xa lle fora plantexada no IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, en Vimianzo.
Pola súa banda, Raquel Sánchez, que se amosou disposta a continuar analizando este tema coa CMAT, está estudando as propostas para poder dar unha solución o antes posible.
Outra das propostas achegadas pola asociación consiste en que o Parador de Muxía, nos momentos en que teña a súa capacidade de aloxamento chea, poida redirixir aos seus clientes a outros establecementos hostaleiros da Costa da Morte. Con esta medida, estaríase evitando que estas persoas fosen redirixidas a outros aloxamentos da rede de Paradores situados fóra da Costa da Morte e mesmo de Galicia, prexudicando dese xeito ao sector hostaleiro da contorna.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'