Alfredo Conde gaña o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro
Fíxose co prezado galardón que promove o Concello de Lalín polo traballo titulado 'E se voara...'

Pola esquerda, Avelino Souto, Martín Fernández Vizoso, Alberto Barciela, José Crespo, María José Imia, Alba Silva e Belén Xestal. / Cedida
O escritor e articulista Alfredo Conde alzouse, por unanimidade do xurado, co XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, coas asociacións gastronómicas galegas e coa Axencia Turismo de Galicia e recoñecido como o premio de xornalismo gastronómico máis importante de España, cunha dotación de 4.000 euros.
Alfredo Conde Cid foi elixido gañador do XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, por unanimidade do xurado, polo seu traballo E se voara..., que destaca “pola calidade do artigo no que aúna un profundo coñecemento de Lalín e da cociña lalinense” deste escritor na súa condición de articulista, de acordo ás consideracións do xurado. Cómpre destacar que Alfredo Conde exercera como pregoeiro da Feira do Cocido en 1994.
E se voara... resultou seleccionado entre os 19 traballos que concorreron a esta candidatura en todas as categorías (libros, traballos, publicacións ou investigacións sobre gastronomía, traballos xornalísticos emitidos en emisoras de radio e cadeas de televisión, páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou traballos gráficos publicados en medios de comunicación).

Alfredo Conde Cid. / Cedida
Así o acordaron os integrantes do xurado na súa deliberación, que tivo lugar este luns na Casa do Concello de Lalín. Un xurado, presidido polo alcalde de Lalín, José Crespo, e que estivo integrado por destacados xornalistas, como Martín Fernández Vizoso, Alberto Barciela Castro, Belén Xestal Ares, María José Imia Vázquez (en representación da Axencia Turismo de Galicia), así como a vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Alba Silva Rodríguez, e no que tamén participaron o concelleiro de Turismo do Concello, Avelino Souto Rozados, e Manuel Vilariño Blanco como secretario do xurado.
O xurado tamén elixiu como gañador do traballo académico, dotado con 1.000 euros, o presentado por Olivia Castro Menéndez, Teo Martínez de Lorenzo, Alba García Villanueva, Nerea Rodríguez Vázquez e Ignacio Fernández Blanco, grupos de alumnos/as de 3º de Xornalismo da USC, pola súa reportaxe web titulada O sabor da afouteza, "pola súa gran calidade xornalística e pola súa calidade na elaboración dos argumentos, no tratamento gráfico e no desenvolvemento do mesmo”, en palabras do xurado.
Ademais, o xurado acordou unha mención especial ao traballo realizado por TVG ao longo dos 40 anos en favor da gastronomía de Galicia.
Os premios entregaranse o venres 21 de febreiro na Gala do Cocido, que será retransmitida pola TVG desde o Lalín Arena.
- Detenido un lucense tras atropellar intencionadamente a un vecino de Bertamiráns que falleció horas después
- La política gallega, 'cerrada por vacaciones': de la ruta en moto por Portugal de Rueda a los días de Pontón en A Illa de Arousa y de Besteiro en A Mariña
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Detenidos los miembros de una banda que robaba a personas mayores en aparcamientos de Ames con el método de 'la siembra
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Guardia Civil investiga como asesinato el atropello intencionado de Bertamiráns al apreciar indicios de alevosía
- Retorno a las raíces para desconectar de Raxoi