Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AXUDAS

O PEL-Concellos crea máis de 400 empregos na provincia

As comarcas de Compostela, Costa da Morte e Barbanza recibirán 1,9 M€

Dende a posta en marcha, no 2016, o PEL-Concellos empregou a 4.200 persoas

Dende a posta en marcha, no 2016, o PEL-Concellos empregou a 4.200 persoas / Deputación da Coruña

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

A Deputación da Coruña destinará este ano preto de 3,5 millóns de euros a apoiar a contratación de máis de 400 persoas a través do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que busca fomentar o emprego e mellorar a prestación de servizos municipais. Os concellos da comarca de Compostela serán os que recibirán un maior investimento: 888.647,48 euros. Ames é, despois de Santiago, o que obterá unha maior contía:_52.000 €.

Pola súa banda, os da Costa da Morte recibirán un total de 554.475,68 €, sendo Cee e A Laracha os que acadarán unha maior axuda: 49.000 € cada un. No Barbanza repartiranse 475.999,62 €, recibindo a maior contía os concellos de Boiro, Noia, Ribeira e Rianxo, que percibirán 52.000 euros cada un deles.

O 83,25% dos fondos concedidos (2,9 millóns de euros) destínanse a concellos de menos de 20.000 habitantes, mentres que o 94% dos recursos benefician aos de menos de 40.000 habitantes.

As axudas, que oscilan entre 19.000 e 75.000 euros por concello, permitirán contratar persoal para desempeñar tarefas esenciais, como limpeza viaria, mantemento de espazos públicos, recollida de residuos, abastecemento de auga potable, pavimentación de vías, vixilancia de centros educativos e outros servizos básicos que melloran a calidade de vida da veciñanza.

O programa presta especial atención a colectivos vulnerables, promovendo a contratación de mulleres, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, fogares nos que todos os membros están en paro, vítimas de violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social.

Dende a súa posta en marcha en 2016, o programa PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 4.200 persoas na provincia da Coruña.

Compoñente social

O presidente da Deputación, Valentín González, destacou o «forte compoñente social» deste programa, que favorece a inserción laboral de persoas con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral. Subliñou que «é unha firme aposta polo rural, xa que proporciona aos concellos pequenos os recursos humanos necesarios para ofrecer servizos de calidade á cidadanía».

Tracking Pixel Contents