Un exemplar de 180 quilos criado con landras e castañas será o 'protagonista' da tradicional Matanza do Porco de Catasós, en Lalín
Celebrarase o domingo 16 a partir das 11.30 horas na casa de Amorín, organizada pola veciñanza

Pola esquerda, Antonio Fernández, José Cuñarro e Celso Toimil, co porco. / Cedida
O concelleiro de Festas de Lalín, José Cuñarro Torres, e o pedáneo de Catasós, Antonio Fernández Fernández, que están a ultimar, da man da veciñanza desta parroquia, os preparativos da XXV Matanza Tradicional do Porco, desprazáronse ata a explotación do criador de porco celta e lalaíno Celso Toimil, en Ateán (Botos), para comprobar o estado do exemplar ao redor do que xirará a recreación deste evento identitario. A cita terá lugar o domingo 16 de febreiro na casa de Amorín, no lugar de Antuín (Catasós). Trátase dun porco lalaíno cen por cen, de 14 meses e 180 quilos de peso, fillo de nai celta e pai Duroc.
Antonio Fernández avanza, respecto da celebración tradicional, que “vaise recrear a matanza como se fai todos os anos, coa novidade de que, por primeira vez, este ano imos ter matachina en vez de matachín”. “Está a parroquia totalmente implicada na preparación da matanza”, remarca. Así mesmo, adianta que “vai haber recreación de oficios: de calceta, ganchillo, tapicería, palillería, afiadores... Un pouco as tradicións da aldea”. “Tamén haberá un forno cocendo pan”, indica.
José Cuñarro fai fincapé en que “a matanza era unha das celebracións máis importantes que tiñamos no interior de Galicia e na comarca de Deza, pois significaba ter garantido o sustento para todo o ano; da matanza e da seitura era do que as familias vivían todo o ano: os chourizos, os xamóns, os lacóns, o touciño, etc.”. Sinala que “ademais desa demostración de oficios en Catasós vai haber degustación de produtos típicos da matanza”. Ao respecto, Fernández Fernández concreta que “haberá degustación de produtos típicos do porco, empanada e sobremesas caseiras realizadas polas veciñas da parroquia”.
Durante toda a recreación da matanza van estar amenizando o evento Os Dezas de Moneixas durante a mañá e despois da degustación actuará o dúo Dilema.
Cuñarro afirma que “quédanos que veña un bo día, que polo menos non nos chova: haberá unha carpa xunto ao local social que será onde se fai a degustación dos produtos; a menos de 200 metros está a casa. Haberá aparcadoiros debidamente sinalizados tanto pola asociación de veciños de Catasós que leva o peso da matanza como desde Emerxencias Lalín, que porá todos os medios para poder ter uns aparcamentos dignos”.
O edil convida a lalinenses e visitantes a que se acheguen a Catasós o domingo 16 a gozar da Matanza Tradicional do Porco e agradece a súa implicación á parroquia de Catasós, ao pedáneo, á asociación de veciños, á comisión de festas e á familia que cede a casa, "xa que están a traballar moito para que todo saia adiante”.
“Desde o Concello estamos a traballar no que nos toca para que sexa unha boa matanza”, indica.
Por último, Cuñarro tamén lle agradece ao criador Celso Toimil a súa colaboración, "porque é difícil atopar cada ano un exemplar que cumpra cos requisitos de ser un porco como os de antano, que pese máis de 180 quilogramos e que teña máis dun ano de vida, e que sexa criado fóra, alimentado con landras e de castañas, produtos típicos do noso rural”.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”


