Revisarase o impacto en vivendas de Osebe e Francos das pantallas acústicas de Adif
A alcaldesa, Lucía Calvo, reuniuse con técnicos do administrador ferroviario

As barreiras acústicas instaladas ao carón das vías do tren en Teo / Cedida
Responsables do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) accederán á petición dos veciños dos lugares teenses de Francos e Osebe e revisarán a posible afectación ás vivendas destas zonas pola instalación de pantallas de protección contra a contaminación acústica de grandes dimensións nas inmediacións das vías do tren.
Este foi o compromiso que lle trasladaron onte á alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, no marco dunha reunión para abordar este asunto, fonte de importantes queixas a nivel local. O propio pleno teense chegou a aprobar por vía de urxencia unha moción a instancias do grupo do PP na que a corporación conminaba ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a revisar os cálculos de illamento e propagación acústica para procurar unha solución alternativa que supuxera unha menor afectación.
Tanto en Francos como en Osebe foron instaladas grandes pantallas opacas, de entre tres e cinco metros de altura en función do lugar, que, segundo denuncian os veciños, afectan á calidade da iluminación e á amplitude visual das súas vivendas.
Sinalan tamén que as pantallas anteriores non superaban os dous metros de altura e, ademais, estaban feitas de materiais translúcidos, co cal o seu impacto resultaba moito menor que o que están a ter as colocadas neste tramo do eixo atlántico de alta velocidade que discorre polo concello de Teo.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
