Entra en servizo en Boqueixón a nova depuradora de Sergude
Triplica a capacidade de tratamento das augas residuais da antiga instalación de Lestedo, e o investimento superou os 1,8 millóns

Ángeles Vázquez e Ovidio Rodeiro, á dereita, visitando a nova depuradora de Sergude. / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron este xoves a nova depuradora de augas residuais de Sergude, que contou cun investimento de máis de 1,8 millóns de euros.
As novas instalacións triplican a capacidade de tratamento da anterior depuradora emprazada en Lestedo (a primeira construída no municipio en 1991) ao chegar aos 3.000 habitantes equivalentes co ano 2042 como horizonte. O Goberno galego asumiu un 80% do investimento, e o Concello achegou máis de 360.000 €, puxo a disposición os terreos necesarios e asumirá o mantemento das instalacións.
A conselleira destacou que a nova planta permite mellorar a rede de saneamento e unificar o tratamento das augas residuais en Sergude e Lestedo.
En 1991 fíxose en Lestedo a primeira depuradora, que agora é substituída pola nova. Nese ano o Concello puxo en marcha o servizo de saneamento. A día de hoxe conta con 92 quilómetros de tubaxes, 14 pequenas depuradoras e 13 bombeos, cun investimento de 8.000 euros por cada casa. Hai 1.478 enganches ao saneamento.
A nova estación depuradora inclúe liña de auga e liña de lodos, con pretratamento e tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga á hora, o que permitirá optimizar o tratamento de augas residuais nas localidades de Lestedo e Sergude. En caso de choivas intensas que superen o caudal punta, o exceso de augas enviarase a un tanque de tormentas.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene