A oferta de alugueiros asequibles na área de Compostela chega a novos mínimos
Menos dun cinco por cento do parque de vivendas neste réxime en municipios metropolitanos coma Ames, Teo ou Oroso é accesible por unha renda mensual de ata cincocentos euros

Unha persoa observa anuncios de vivendas nunha axencia inmobiliaria / Jesús Prieto
A crise da vivenda en Santiago de Compostela expándese e tamén afecta aos municipios da área metropolitana da capital galega. O crecemento das rendas de alugueiro nos concellos limítrofes segue a sobrepasar o ritmo de aumento dos salarios e causando unha perda de poder adquisitivo para as persoas que non son propietarias do seu fogar.
De acordo cos datos recopilados no último informe elaborado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), menos dun cinco por cento das vivendas dispoñibles para alugar nos principais portais web en municipios coma Ames, Teo ou Oroso están dispoñibles por un pago mensual inferior aos cincocentos euros.
Das 42 vivendas incluídas neste estudo nos tres concellos citados, só dúas delas baixan deste limiar. Aínda que a mostra analizada é moi pequena e non chega ao medio cento de ofertas, si permite inferir un cambio na tendencia respecto ao anterior reporte, xa que en apenas dous anos pasouse de que preto dun tercio das vivendas estiveran dispoñibles por menos de cincocentos euros a estalo en menos de un de cada vinte casos.
É unha situación que afecta ás ducias de milas de persoas que habitan na área metropolitana de Santiago de Compostela e que se dá tamén en zonas algo máis afastadas da capital coma o Barbanza ou a Costa da Morte.
En Boiro e Ribeira, dous municipios que Agalin analiza de forma conxunta, hai dous anos a meirande parte do parque de vivendas en alugueiro estaba accesible por menos de cincocentos euros, unha cifra que agora xa supera máis de metade das ofertas. Unha proporción case idéntica á rexistrada en Noia.
Noutros lugares, coma Carballo, Cee, Ordes ou Melide; a cantidade de vivendas incluídas na mostra é demasiado pequena para dar pé a lecturas exhaustivas; mais as cifras constatan a tendencia xeralizada á alza de prezos e a un pequeno repunte do número de vivendas ofertadas en réxime de alugueiro.
Así, as conclusións de Agalin, que advirte de que as cifras do seu informe admiten marxes de erro comprendidas entre o cinco e o dez por cento, son que a situación do alugueiro na área de Compostela «non ofrece moitas alternativas» ante a inflexibilidade da demanda e o aumento xeralizado dos prezos.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
