Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

BALANCE

Máis de dez mil persoas nas actividades culturais de Ames

O alcalde subliña que os datos avalan que «estamos traballando na boa dirección»

Un dos concertos do festival MillaRock 2024

Un dos concertos do festival MillaRock 2024 / Concello de Ames

Ames

O auditorio da casa da cultura de Bertamiráns acolleu a primeira xuntanza do pleno do Consello Sectorial da Cultura de 2025, no que se presentou o informe-memoria Ames Cultura de 2024, que recolle a actividade de dinamización cultural, das bibliotecas municipais e da escola de música durante o ano pasado.

En canto á participación, 2.535 espectadores acudiron á programación de artes escénicas, 853 ao ciclo de monólogos, máis de 200 persoas participaron na xornada do festival de danza e movemento ABANEA, 1.056 asistiron ao festival de maxia FestiMax, 411 gozaron da Mostra de teatro afeccionado, 279 participaron nos ciclos Abril de Cine-Cine de Outono, 1.000 acudiron ao festival internacional de cine infantil Cinema Miúdo, 350 estiveron no festival Ames Jazz, 500 nas Noites en Vela, máis de 2.000 asistiron ao festival Millarock, e 500 acudiron á programación de Santa Icía.

En total, máis de 10.000 persoas gozaron das actividades culturais do Concello de Ames. O alcalde e edil de Cultura, Blas García, destaca «a ampla variedade da programación municipal, con propostas para todos os públicos». «Os datos amosan que estamos traballando na boa dirección. O obxectivo é darlle continuidade e ampliar a programación», dixo.

Tracking Pixel Contents