AXUDAS
A Deputación adica 91.420 € aos festivais de arte urbana de Carballo, Ordes e Rianxo
Xosé Regueira subliña a aportación ao turismo e a rexeneración de espazos

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, segundo esquerda, diante dun mural de arte urbano / D. Coruña
A Deputación da Coruña investirá este ano 150.000 euros en subvencións a cinco festivais de arte urbana na modalidade de pintura mural. Os beneficiarios son Cromático Mural Fest, de Cambre (35.000 €); Rexenera Fest, de Carballo (35.000 €); Expresa Oleiros Urban Fest (23.350 €); Festival Viladomar, de Rianxo (21.920 €); e DesOrdes Creativas, de Ordes (34.500 euros).
O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destaca a importancia da liña de subvencións. «Contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido», afirma.
A arte urbana, engade, «converteuse nos últimos anos en soporte para a creación artística de cada vez máis municipios da provincia, e parte importante é o apoio que lle prestamos desde a Deputación». O vicepresidente subliña tamén a relevancia que teñen este festivais xa non só para o turismo, «senón tamén para as mesmas localidades, pois son quen de rexenerar espazos empobrecidos por políticas urbanísticas nefastas».
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque

