Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tordoia emprende melloras en servizos, accesos e tecnoloxía cos fondos LEADER

O municipio coruñés recibiu 188.000 euros procedentes deste programa

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na visita ao supermercado de Tordoia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na visita ao supermercado de Tordoia / Cedida

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou onte o concello coruñés de Tordoia para coñecer de primeira man os diferentes proxectos impulsados neste municipio ao abeiro do programa LEADER da Unión Europea, que serviron para diferentes actuacións en materia de servizos, accesibilidade e capacitación en novas tecnoloxías.

Tordoia recibiu 188.000 euros, que foron xestionados pola Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, a cal impulsou diferentes iniciativas con importantes repercusións dende un primeiro momento no día a día e no benestar dos residentes na contorna.

Así pois, púidose adquirir novo material para o ximnasio municipal e instalar no mesmo un sistema dixital que permite o acceso durante as 24 horas do día, flexibilizando e facilitando o acceso dos usuarios nun rango temporal máis amplo.

De igual xeito, foron eliminadas as barreiras arquitectónicas existentes no Punto de Atención á Infancia para permitir o acceso de persoas con discapacidade a estas instalacións.

Cos fondos LEADER tamén se abriu unha aula con equipos informáticos dentro das instalacións municipais como novo espazo para accións de formación e capacitación; mellorouse o local social da escola unitaria de Pontagra; e construíuse un novo supermercado que dá servizo a todo o concello, segundo explicou a conselleira.

Tracking Pixel Contents