Vedra asina coa Xunta o convenio para a reforma integral do centro de saúde
A administración municipal e o goberno galego colaborarán nuhas obras que requerirán un investimento conxunto de preto de 540.000 euros

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Vedra asinando os documentos relativos ao convenio do centro de saúde / Cedida
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, asinaron onte o convenio de colaboración a través do cal ambas as dúas institucións levarán a cabo as obras de reforma e mellora integral do centro de saúde existente neste municipio.
Apenas mes e medio despois do anuncio do acordo acadado para realizar esta intervención, as dúas administracións confirmaron o seu pacto para uns traballos que requerirán un investimento conxunto de 540.000 euros, dos cales o oitenta por cento, preto de 430.000 euros, será sufragado polo executivo autonómico.
Ademais da cantidade restante, o Concello de Vedra asume as tarefas de redactar o proxecto e licitar e excutar as obras, co obxectivo -precisou no seu momento o alcalde- de que estean rematadas antes de que conclúa este ano 2025.
Esta actuación de mellora contempla a creación dunha nova sala de urxencias para mellorar a resposta diante de situacións que requiran unha atención inmediata, así coma a unificación dos tamaños das consultas, a mellora da comunicación entre as mesmas e a habilitación duns aseos máis accesibles.
Outros traballos que se levarán a cabo no marco desta intervención centraranse en mellorar a eficiencia enerxética e o illamento do edificio, así como en renovar a carpintaría exterior do inmoble e a rampa de acceso para permitir unha mellor accesibilidade. Neste senso, tamén se rehabilitará o soportal da entrada.
O centro de saúde de Vedra leva máis de corenta anos en funcionamento sen que ata o de agora se levara a cabo unha reforma ou mellora susbtancial destas instalacións. No acto de sinatura do convenio, ademais do alcalde e do conselleiro de Sanidade; participaron a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; e a directora de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Amparo Pousada.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde
