Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A cuarta edición de InnovAmes premiará ás empresas con prácticas innovadoras

Valoraranse aspectos coma a sostibilidade, o impacto na contorna de Ames, o uso de novas tecnoloxías, o alcance global e as presentacións que se fagan

Presentación da cuarta edición da xornada de innovación do Concello de Ames, InnnovAmes

Presentación da cuarta edición da xornada de innovación do Concello de Ames, InnnovAmes / Cedida

O pavillón deportivo do Milladoiro acollerá o vindeiro venres 7 de marzo a cuarta edición da xornada de innovación InnovAmes, na que se premiará a empresas do sector tecnolóxico nun evento pensado para fomentar a colaboración entre compañías e para dar a coñecer á veciñanza de Ames todos os proxectos que se desenvolven neste mesmo concello.

Os premios InnovAmes foron creados como un xeito de recoñecer, apoiar e pór en valor o papel das empresas, máis tamén o dos centros educativos, que contarán cunha categoría propia nestes galardóns. Será a terceira vez que se entreguen e, para decretar os gañadores, valoraranse aspectos coma a innovación, a sostibilidade, o uso de novas tecnoloxías, o alcance global dos proxectos, o potencial impacto na contorna e as presentacións que se fagan no marco do propio evento.

Relacionado con isto, ao longo de toda a xornada haberá diferentes conferencias, mesas de debate, obradoiros e exposicións, de interese do público que decida achegarse ata esta cita, cuxa entrada será de balde.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que iniciativas coma esta axudan a «dar a coñecer» as empresas instaladas no municipio e tamén a que estas poidan colaborar e cooperar entre si en novos proxectos.

Tracking Pixel Contents