A Oficina Móbil de Atención aos Emigrantes Retornados percorreu 76 concellos e asesorou a centos de familias
Fixo parada este venres en Muxía

Pola esquerda, Juan José Couce, Javier Sar, Sandra Insua e Belén do Campo visitando a oficina móbil en Muxía. / Cedida
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Muxía, Javier Sar, a tenente de alcalde, Sandra Insua, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou este venres en dita localidade a Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas. Este servizo continúa o seu labor como recurso innovador destinado a facilitar o retorno e a integración dos galegos que regresan a súa terra tras residir no estranxeiro.
A oficina móbil ofrece atención personalizada e apoio para atender as necesidades específicas das persoas retornadas e das súas familias. “Retornar é un dereito pero somos conscientes de que non é fácil e que se precisa apoio despois de tomar esta decisión valente para poder integrarse e sentirse a gusto desde o primeiro día na que sempre foi a súa terra”, indicou Belén do Campo.
Esta unidade móbil percorreu 76 concellos das catro provincias, 23 dos cales pertenecen á provincia da Coruña, en menos dun ano, asesorando a centos de familias. Ao longo dos vindeiros meses, esta oficina itinerante percorrerá diversos concellos de Galicia, levando os seus servizos tanto ás áreas rurais como periurbanas.
A súa mobilidade permite garantir que todas as persoas retornadas teñan acceso directo á información e ó asesoramento necesarios para un regreso exitoso, independentemente da súa localización xeográfica.
Entre os servizos que se ofrecen a través da oficina móbil atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as diferentes axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia.
Tamén se brinda axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, educación, Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas.
Ademais, inclúese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro.
Por último, ofrecésece información sobre vivenda e educación, asistindo ás familias retornadas nas opcións de vivenda dispoñibles e nos recursos educativos para fillas e fillos.
Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. A mobilidade da oficina móbil asegura que ningún galego retornado quede sen acceso a estes servizos esenciais, fortalecendo o apoio da Xunta de Galicia á poboación retornada.
Neste senso, a delegada da Xunta reafirmou o compromiso da Xunta cos emigrantes galegos que se viron obrigados a buscarse a vida noutros lugares e axudaron “a construír a Galicia das oportunidades” e, ademais do “dereito” que teñen a regresar á súa terra, afirmou que súa volta é “fundamental para afrontar o reto demográfico”.
A representante do Goberno galego informou que o pasado mércores, día 12, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria deste ano, dotada cun crédito inicial de 2,3 millóns de euros (que se poderá reforzar segundo a demanda) e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias, dirixida a emigrantes retornados.
Estas axudas extraordinarias ao retorno encádranse no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna e son un recurso fundamental, xa que permiten cubrir necesidades iniciais como o establecemento de persoas e familias emigrantes retornadas que deciden fixar a súa residencia en Galicia, axudando á súa integración na comunidade.
Neste sentido, poden beneficiarse delas as persoas galegas retornadas nacidas en Galicia e os seus descendentes e os cónxuxes ou parellas de feito. Para iso, deben ter residido fóra de España un mínimo de dous anos antes do retorno e o retorno debe terse producido desde o 1 de xaneiro de 2023 en diante.
A axuda máxima por unidade familiar é de 6.000 euros, e inclúen, ademais dos apoios de carácter xenérico, un específico para as familias con fillos menores de idade que se establezan en Galicia, cun importe de 1.000 euros por fillo ata o segundo fillo, e de 1.500 euros a partir do terceiro, cun incremento do 25 % no caso de que a familia resida nun concello rural. Tamén se inclúe unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinada a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para garantir o acceso a unha vivenda.
O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 20 de febreiro ata o 30 de setembro e as persoas interesadas poderán consultar os detalles da convocatoria na resolución que se publicou o pasado mércores no DOG.
Dentro do compromiso coas persoas galegas do exterior, a Xunta realizou na convocatoria do ano pasado a maior ampliación de fondos desde a posta en marcha desta liña de axudas, xa que se publicou cun crédito inicial de 2 millóns de euros que se incrementou en decembro nun 67% ata acadar o total de 3,5 millóns. Deste xeito, cubriuse a elevada demanda que permitiu que máis galegos do exterior se poidan establecer en Galicia con apoio económico.
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Incendio en el restaurante Gonzaba de Santiago: desalojan a los clientes
- Un conductor se da a la fuga en Santiago tras provocar un choque en cadena en una parada de taxis
- Confirmado un retraso de al menos 45 días en la entrega del nuevo cuartel de la Guardia Civil de Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija

