Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa da Filloa da Pedra da Baña

A Filloa á Pedra da Baña: a exaltación dun delicioso manxar co impulso de empresas e negocios locais

Elaboración de filloas en la edición anterior

Elaboración de filloas en la edición anterior / Cedida

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

A Baña

A elaboración de filloas é unha tradición centenaria na Baña, e a exaltación deste postre vense celebrando dende o ano 2004, co obxectivo de que os xóvenes continuen coa tradición de elaborar este delicioso manxar tan típico da zona. Mañá, na XXI edición da Festa da Filloa da Pedra da Baña os presentes poderán degustar do incríble sabor deste prato elaborado sobre pedra quente seguindo unha das súas receitas máis ancestrais. Ademais, tame´n poderán desfrutar ao longo de todo o día dunha cita na que non só estará presente a rica gastronomía galega, senón que tamén haberá un oco grande para a música.

A cita, que cada ano reúne a centos de persoas, non só pon en valor a gastronomía local, senón que tamén serve para destacar o compromiso das empresas da zona, sen as que sería imposible o desenvolvemento da zona e desta tradicional festa.

Empresas que han colaborado con este suplemento especial

Empresas que colaboraron para a elaboración deste suplemento especial / Cedida

Unha visión óptima para manter viva a tradición

Centro óptico Deus

Centro óptico Deus / Cedida

Elaborar unha boa filloa require precisión e experiencia, igual que o traballo no Centro Óptico Deus, con sede no veciña localidade de Val do Dubra e en Santiago. Con máis de 15 anos no sector, son especialistas en óptica deportiva con produtos de alta calidade para mellorar o rendemento e protexer a visión durante a prática deportiva.

Ademais, tamén son especialistas en prótesis oculares, ofrecendo solucións personalizadas e de alta calidade para mellorar a visión e o benestar ocular. Así como unha boa visión é clave no noso día a día, tamén o é para desfrutar plenamente dunha gran festa como esta.

Un combustrible para manter viva a festa

Así como a filloa precisa do lume para callar na pedra, unha festa como esta require enerxía e movemento. MyG Gasóleos, coa súa estación de servizo en Paramos, no linde entre A Baña e Val do Dubra, ofrece combustibles de calidade e un amplo surtido de produtos locais e de primeira necesidade, dispoñibles os 365 días do ano en horario de 7.00 a 23.00 horas para veciños e visitantes.

Como os ingredientes, tradición e sostibilidade

A filloa sobre pedra é a esencia da cociña tradicional e sostible: ingredientes sinxelos, produto de calidade e unha elaboración artesanal. Maderas Pereiro y Tinelli SL comparte esa filosofía no seu traballo no sector forestal. Con máis de 30 anos de experiencia, encárgase de xestionar a madeira dende o monte ata o seu destino final, garantindo un proceso sostible e respetuoso co medio ambiente. Igual que unha boa filloa precisa os mellores ingredientes, o sector forestal precisa empresas responsables que coiden dos nosos recursos.

A experiencia para preparar o terreo do futuro

Cada filloa nace dun xesto preciso e repetido que nace da experiencia, igual que o traballo de Excavaciones Hermanos Gerpe. Con experiencia en movementos de terra, canalizacións, limpeza de fincas, nivelados e demolicións, esta empresa contribúe a transformar e mellorar a zona.

Tracking Pixel Contents