Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Presentan unha moción para dar apoio ao persoal da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns

Concentración diante da Escola Infantil Merlín en Bertamiráns

Concentración diante da Escola Infantil Merlín en Bertamiráns / Cedida

O grupo municipal do BNG no Concello de Ames rexistrou onte unha moción para o seu debate en pleno coa que pretende lograr o apoio de toda a corporación amesá ao persoal da Escola Infantil Merlín, ubicada en Bertamiráns, ante o conflito laboral que manteñen coa empresa responsable deste servizo.

Segundo expuxo a voceira nacionalista, Escarlata Pampín, malia que a orixe da situación se remonta a decembro de 2023, cando comezaron os atrasos nos pagos das nóminas; agora esta é xa “insostible” despois de que a propiedade decidira despedir a unha das traballadoras, en situación de incapacidade temporal, e reducira unilateralmente a xornada asignada a outra das persoas contratadas.

No BNG entenden que se trata dunha “represalia” cara a estas persoas por terse organizado sindicalmente e reclaman para elas o apoio do pleno da corporación. De igual xeito, solicitan á Xunta de Galicia que medie neste conflito e garanta a readmisión da traballadora despedida, así como o cumprimento dos dereitos laborais.

Respecto do goberno local, a moción defende que se contacto coa Consellería de Política Social ata acadar “unha solución eficaz” a este conflito”.

A iniciativa debatirase no vindeiro pleno ordinario do Concello de Ames, que terá lugar, como de costume, o último xoves do presente mes.

Tracking Pixel Contents