A Baña reparte dez mil filloas á pedra nunha festa que xa ten banda sonora
«Lume á pedra, festa rachada, viva A Baña, filloa dourada», repite a canción que compuxo Alonso Caxade e que estreou este domingo no seu pregón

Voluntarias e voluntarios elaborando filloas este domingo na Baña. / Cedida
A Festa da Filloa da Pedra da Baña xa ten banda sonora. “Lume á pedra, festa rachada, viva A Baña, filloa dourada”, repite a canción que compuxo Alonso Caxade e que este domingo estreou na primeira parte do seu pregón.
Con este tema (titulado Lume á pedra), que lle cede ao Concello, o que fora mestre na unitaria de Lañas e primeiro premio Daniel García Barros súmase a iniciativa para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico para a Festa da Filloa da Pedra da Baña.
Centos de persoas achegáronse ata a Baña para participar nos numerosos actos organizados para celebrar a vixésimo primeira edición da Festa da Filloa da Pedra, que o Concello fai coincidir co comezo da tramitación do expediente para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para esta celebración tradicional.
Alfonso Caxade sumouse a esta iniciativa compoñendo a canción na que fala de como se fai a filloa da pedra e da súa vinculación con municipio. Caxade, que comezou a súa carreira profesional como mestre na escola unitaria de Lañas e en 2022 recibiu o primeiro Premio Daniel García Barros que concede o Concello da Baña, relatou no seu pregón os moitos vínculos que o unen con este municipio.
Caxade non dubidou en asegurar que lle cedía esta canción ao Concello para promocionar a Festa da Filloa da Pedra, como lle pedira a tenente de alcalde, Mónica González Blanco. Ao rematar o pregón, Mónica González e o alcalde, José Antonio Pereira, regaláronlle a Caxade unha pedra de granito para que poida facer filloas na casa.

Voluntarias e voluntarios elaborando filloas este domingo na Baña. / Cedida
No pavillón de San Vicenzo puderon degustarse as preto de 10.000 filloas que prepararon voluntarias e voluntarias durante a fin de semana, moitas delas elaboradas hoxe en directo nas 30 pedras colocadas no pavillón.
Moitos dos visitantes asinaron para solicitar que a Festa da Filloa da Pedra sexa declarada de interese turístico de Galicia, unha petición que tamén apoiou expresamente a portavoz do BNG do Parlamento galego, Ana Pontón, que se achegou ata a Baña e se animou a facer filloas e conversar coas voluntarias.
Na festa tamén estiveron presentes os alcaldes de Val do Dubra, Diego Díaz, e de Santa Comba, Alberto Romar, así como concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación da Baña.
Os actos comezaron ás dez da mañá coa Ruta ciclista da filloa, na que máis de medio cento de persoas percorreron dez quilómetros polo municipio bañense. Ao rematar puideron degustar uns petiscos de Ternera Gallega, elaborados polo chef José Manuel Mallón.

Asistentes á Festa da Filloa á Pedra da Baña, celebrada este domingo. / Cedida
Integrantes da Escola de Música Tradicional da Baña iniciaron ao mediodía o apartado musical cunha concorrida e aplaudida actuación antes do pregón de Alberto Caxade. O trío Alborada encargouse da sesión vermú, mentres a Asociación de Familias do CPI San Vicente organizaba un taller de estampado de camisetas para a cativada.
O mercado de artesanía e a demostración de artesanía en vivo animou a mañá dunha festa que contou coa presencia de medios de comunicación autonómicos e nacionais.
Durante o xantar, as persoas asistentes puideron degustar filloas da pedra, orella e chourizo no pavillón, ou por degustar polbo na carpa situada ao seu carón. Xa pola tarde, os grupos 7 Ferrados e Os Carunchos animaron a sobremesa, antes e despois da presentación do libro Ben mantidos, de Xavier Castro Pérez.
O colofón a esta festa púxoa o concerto de Fillas de Cassandra, o dúo de moda na música galega.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
