Optimizan os servizos de autobús de Vedra con Teo e Santiago con cambios nos horarios dende este luns
Establécense tamén paradas baixo demanda en seis liñas

Autobús de la línea 6 del transporte urbano de Santiago que realiza el recorrido hasta Os Tilos, en el término municipal de Teo. / Antonio Hernández
A Xunta modifica desde este luns, día 17, os horarios de nove servizos de autobús entre Vedra, Teo e Santiago de Compostela e establece paradas baixo demanda en seis liñas. Os cambios aprobados buscan optimizar os horarios dispoñibles para os usuarios e a eficiencia da prestación dos servizos de transporte público que conectan Vedra con Teo e Santiago de Compostela.
O establecemento de paradas baixo demanda en liñas e horarios que rexistran unha ocupación moi reducida acordouse co concello de Vedra. Así, para favorecer o coñecemento do servizo baixo demanda, que require dunha reserva previa dos usuarios que desexen acceder ao autobús nas paradas baixo demanda, o Concello colaborará na divulgación do funcionamento entre a súa veciñanza.
Na liña Santiago E.I.-Trobe 2, o servizo das 15.05 horas de luns a venres laborables atrásase ás 15.25 horas, de xeito que poidan enlazar os usuarios dos servizos lanzadeiras que chegan á estación intermodal de Santiago.
Na liña Santiago E.I.-Cruce de Sarandón modifícanse os horarios de tres servizos de ida, que sairán da estación de luns a venres laborables ás 09.30, 11.45 e 15.25 horas, e un de volta, que saíra da parada Cruce de Sarandón ás 13.20 horas.
Na liña Santiago E.I.-Laraño-Cruce Sarandón establécese como baixo demanda as paradas Verxeles, en Teo, e a parada San Pedro de Sarandón de Abaixo, en Vedra, no servizo que sae da parada Cruce Sarandón cara a Santiago os sábados ás 18.00 horas. En canto a cambios de horarios, o servizo con saída de Santiago de Compostela ás 14.30 horas de luns a venres laborables atrásase ás 15.08 horas.
Na liña Santiago E.I.-S. Mamede 1 (Ribadulla), o servizo con saída de Vedra ás 07.20 horas de luns a venres laborables adiántase ás 07.15 horas. A parada Ponte Sarandón establécese como baixo demanda no servizo de ida das 19.15 horas de luns a venres laborables e todos os servizos das fins de semana e festivos.
Na liña Santiago E.I.-Cacheiras (Gadis)-Cruce de Sarandón establécense baixo demanda catro paradas (Trobe-Boxeiros, San Pedro de Sarandón de Abaixo, San Pedro de Sarandón de Arriba, S. Miguel de Sarandón-Cimadevila, S. Miguel de Sarandón 2) nos servizos de ida das 12.10 e 18.50 horas e de volta das 13.25 e 19.45 horas de luns a venres laborables, así como no servizo de ida das 10.00 horas dos sábados.
Na liña circular Santiago E.I.-Penelas-Cibrán 1-S. X. de Sales-Santiago E.I., o servizo das 14.25 horas atrásase ás 15.15 horas e establécese como baixo demanda a parada Raxó en todas as expedicións excepto a das 08.15 horas de luns a venres laborables.
Na liña Santiago E.I.-Merín, o servizo cara a Santiago das 13.45 horas adiántase ás 13.00 horas e establécense baixo demanda todas as paradas excepto Nande 4-Panadería e Cornado, que se manteñen como fixas.
A liña circular Cruce de Sarandón-Pontevea-Cruce de Sarandón, que conecta Vedra con Teo, pasa a ser completamente baixo demanda, polo que se deberá realizar unha reserva previa para viaxar independentemente da parada na que desexen acceder os usuarios.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte
