Unha matachina protagoniza por primeira vez a Matanza do Porco de Lalín
Luísa Batán fai ese traballo dende os 16 anos, e a recreación iniciouse co chamusque dun exemplar de 190 quilos

Lalín celebra a tradicional Matanza do Porco / Cedidas
A pesar da chuvia que caeu desde a primeira hora, intensa, por momentos, centos de persoas asistiron este domingo en Lalín á tradicional Matanza do Porco, que se celebrou na casa de Amorín, en Antuín (Catasós) e na que participaron máis de 150 persoas.
Entre os asistentes estaban o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o alcalde, José Crespo; e a deputada provincial Belén Cachafeiro. A celebración comezou ás once da mañá coa interpretación de pezas musicais por parte do grupo Os Dezas de Moneixas.
Logo, os veciños e veciñas empezaron os traballos da recreación da matanza, narrada en directo polo xornalista Gúmer Portas, de Radio Lalín, e polo cronista oficial de Lalín e Comendador do Cocido, Daniel González Alén, quenes achegaron aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.
Este ano exerceu por primeira vez como matachina unha muller, Luísa Batán, que leva desempeñado este quefacer desde os 16 anos. O porco foi un exemplar lalaíno, fillo de nai celta e pai Duroc, semellante aos porcos que se sacrificaban antigamente nas casas galegas, criado fóra e alimentado con landras e castañas.

José Crespo coa matachina Luísa Batán. / Cedida
Os homes carrexaron en carro o porco ata o enlousado da casa onde se levaron a cabo os traballos de chamusque, mentres outro grupo de veciños levaba ata o lugar a Lalaina, a porca que participará no desfile da 57ª Feira do Cocido o vindeiro domingo 23.
Tras o chamusque o porco foi levado ata o curro (patio central das casas de labranza) onde se colgou e se pesou. Cunha balanza tradicional, o pedáneo da parroquia, Antonio Fernández, testemuñou que o exemplar pesaba 190 quilos.
Posteriormente un sacerdote (caracterizado para a ocasión) bendiciu o porco. Despois empezou a elaboración da zorza e chourizos. Durante toda a mañá houbo representacións de oficios tradicionais e coceuse pan nun forno tradicional, que se deu a degustar entre os visitantes.
Ao remate houbo degustación de produtos típicos da matanza (como panceta e chourizos), ademais de filloas, orellas e cañas preparadas polas veciñas. Pola tarde actuou o Dúo Dilema.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago