Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames licita a concesión de novas unidades de enterramento no cemiterio municipal dos Batáns

O Concello abriu o procedemento para a adxudicación de 255 nichos, 152 panteóns, 52 tumbas e 16 columbarios

Novas unidades de enterramento do cemiterio municipal dos Batáns.

Novas unidades de enterramento do cemiterio municipal dos Batáns. / Cedida

Ames

A Xunta de Goberno local de Ames aprobou o expediente da terceira licitación, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación, que é o prezo, para a concesión de unidades de enterramento no cemiterio municipal dos Batáns (152 panteóns, 255 nichos, 16 columbarios e 52 tumbas).

O prazo de solicitude estará aberto ata o 18 de marzo.

Hai dúas modalidades de concesión: por 25 anos, con posibilidade de renovación por períodos de 25 anos ata un máximo de 75, e por un período de 75 anos non renovable.

En 2017 fíxose a primeira licitación para as unidades de enterramento dispoñibles, e as que quedaron desertas adxudicáronse de maneira directa en 2029. En 2023 aprobouse a segunda licitación para 295 unidades. E en 2024 adxudicáronse vinte novas concesións de nichos, tumbas e columbarios.

Tracking Pixel Contents