Ciencia en feminino para reducir a fenda de xénero na tecnoloxía
Investigadoras, informáticas e enxeñeiras poñen de manifesto en Ames a importancia de achegar ás estudantes referentes neste eido

Charla de mulleres científicas celebrada nun dos institutos de Ames / Cedida
Malia os paulatinos avances en materia de igualdade de xénero, hai aínda contas pendentes de resolver na sociedade galega. Este é un dos aspectos que o Concello de Ames quixo poñer de manifesto con motivo da conmemoración, un ano máis, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha data que se celebra cada 11 de febreiro e que, neste caso, deu pé a dúas charlas este martes nos institutos deste municipio.
Nelas participaron catro mulleres destacadas no mundo da ciencia: a presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero; a directora corporativa da empresa tecnolóxica Tecalis, Berta Caro; a xefa de alto proxecto do Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais (Catec), Marta Arufe; e Alejandra González, enxeñeira neste centro. Todas elas relataron diante dos estudantes dos institutos de Ames e do Milladoiro as súas vivencias como mulleres no mundo da ciencia e ofreceron aos asistentes diferentes perspectivas sobre cal é a situación nun eido no que a presenza feminina é aínda sensiblemente inferior á masculina.
Victoria Otero, residente en Ames, tomou a palabra para explicar os motivos da celebración desta data e puxo o foco na necesidade de que se fale máis de exemplos de mulleres pioneiras no ámbito científico, onde seguen a ser descoñecidas. «Se non hai ciencia en feminino hai temas que só se van estudar dende unha mesma perspectiva, provocando así unha fenda de xénero moi significativa», sinalou ao respecto a presidenta da Real Sociedade Matemática Española.
Pola súa parte, Berta Caro aproveitou a súa exposición para facerlle ver aos presentes as posibilidades que ofrece a tecnoloxía. Caro forma parte de Tecalis, unha empresa española centrada, entre outros asuntos, na verificación da identidade dixital, un tema sobre o que quixo alertar aos estudantes dos «perigos» existentes. Neste sentido, aludiu ás posibilidades que ofrece, por exemplo, a intelixencia artificial para suplantar identidades e do coidado que se debe ter con esta materia.
En canto á representación do Catec, tanto Marta Arufe como Alejandra González achegaron as súas experiencias persoais no mundo da ciencia e as barreiras que atoparon ata chegar á súa posición actual, mesmo na súa etapa universitaria.
O obxectivo do seu discurso foi demostrar que a enxeñería é tamén un campo para as mulleres e que non só se dedican a programar e a labores puramente técnicos.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- El doctor González Juanatey se jubila tras casi 20 años como jefe de Cardiología del CHUS
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña
