Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Pino propón o reparto das fincas da parcelaria da parroquia de Gonzar

Multiplicaríase por dez a superficie media das fincas concentradas

Reunión de propietarios da parcelaria de Gonzar (O Pino) para a entrega da proposta de adxudicación de parcelas

Reunión de propietarios da parcelaria de Gonzar (O Pino) para a entrega da proposta de adxudicación de parcelas / Cedida

O Concello do Pino e a Xunta de Galicia presentaron este mércores aos titulares de fincas na parroquia de Gonzar unha primeira proposta de reparto da concentración parcelaria que se prevé executar nesta localidade.

Máis de duascentas persoas acudiron á reunión celebrada na casa da cultura de Arca, onde puideron coñecer os detalles dun proceso que, de executarse, reduciría as 7.750 parcelas de máis de cincocentos propietarios a apenas 762 fincas. Isto afectaría directamente á superficie media destas propiedades, que se multiplicaría por dez ata acadar os dez mil metros cadrados.

Os interesados poden presentar as súas alegacións a este proceso, que, de non mediar incidencias, podería resultar nun acordo definitivo a finais deste ano 2025.

Tracking Pixel Contents