Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Teo licita o contrato de mellora para reabrir o consultorio de Pontevea

O inmoble está moi deteriorado e tivo que ser pechado temporalmente

Consultorio local de Pontevea (Teo) no que se levarán a cabo os obras de reforma

Consultorio local de Pontevea (Teo) no que se levarán a cabo os obras de reforma / Cedida

O Concello de Teo licitou o contrato de mellora do consultorio local de Pontevea, pechado temporalmente polo seu deficitario estado e que precisa dunha actuación integral para a súa rehabilitación.

O orzamento desta intervención ascende a preto de 174.000 euros e as empresas interesadas en levar a cabo estes traballos dispoñen de prazo ata o dez de marzo para presentar as súas ofertas. O consultorio ten a cuberta deteriorada e o interior tamén presenta danos a causa da auga, humidade e falta de ventilación natural que sofre o edificio.

Deste xeito, a intervención consistirá nun cambio da cuberta e a substitución da cheminea existente, ademais dos canlóns e baixantes existentes. No interior procederase á renovación de carpinterías e do propio chan do inmoble.

Ademais, mellorarase a entrada para facilitar a accesibilidade e aproveitar de maneira máis eficiente os espazos exteriores.

Tracking Pixel Contents