Vedra afianza o seu nexo coa camelia nunhas xornadas ateigadas de xente
A nave da antiga estación de Santa Cruz de Ribadulla acolleu a edición vinte e nove, que festexou con música, artesanía e teatro unha flor que é xa parte da identidade do val do Ulla

Detalle dalgunha das mostras florais expostas no recinto das XXIX Xornadas Arredor da Camelia / Cedida
Case tres décadas avalan a celebración das Xornadas Arredor da Camelia en Santa Cruz de Ribadulla. Unha flor que, de acordo co dito onte polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, forma xa parte da identidade deste municipio do sur da provincia da Coruña e todo o val do Ulla.
Un día solleiro acompañou a celebración da edición número 29 destas xornadas, que ateigaron de xente o recinto escollido para a mostra: a antiga nave da estación do tren de Ribadulla. Alí, centos de persoas puideron contemplar de primeira man diferentes mostras florais e ornamentais con esta planta, así como espectáculos de música, teatro e artesanía que acompañaron e deron lustre á exaltación deste cultivo xa arraigado nesta zona.
O pregón da cita correu a cargo da subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, quen destacou que a camelia «é unha flor moi delicada e exquisita á hora de escoller onde xerminar», dado que «gusta de ambientes húmidos e solos ácidos»; razón pola que valorou que Galicia sexa o lugar apropiado para que estas plantas medren.
Atractivo turístico e potencial económico
En solo galego, engadiu, hai xa máis de 2.500 cultivos diferentes destas flores, que permiten situar á provincia da Coruña coma un «referente botánico a nivel europeo» e abren múltiples posibilidades de negocio ao crearen tamén importantes atractivos turísticos en lugares coma a casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón; nos xardíns do Pazo de Mariñán, en Bergondo; ou no propio pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
«É unha flor que xa fixo de Galicia o seu reino», asegurou Rivas, que estivo presente na entrega dos agasallos á parroquia de San Pedro de Vilanova polo seu traballo ornamental con esta planta e tamén aos responsables do pazo de Santa Cruz polo seu coidado.

Autoridades na inauguración institucional destas XXIX Xornadas Arredor da Camelia / Cedida
A subdelegada do Goberno tamén tivo palabras para as propiedades beneficiosas dos aceites que se extraen das follas da camelia, tanto dende o punto de vista da alimentación como da cosmética, e abundou que é o cultivo que serve de materia prima para a elaboración do té, unha bebida que se asenta en Galicia e que na provincia da Coruña conta xa con varios produtores recoñecidos.
Esta edición das Xornadas Arredor da Camelia foi tamén a primeira na que se deu o irmandamento entre dúas entidades promotoras de eventos de exaltación de cultivos ornamentais, xa que a concelleira de Turismo de Padrón, Chus Campos, participou en representación da corporación padronesa polas súas exposicións de camelias e bonsáis.
Actividades musicais
Un total de catorce entidades fixeron parte destas xornadas da camelia para exhibir os seus traballos decorativos, nunha cita que permitiu aos asistentes contemplar quince coleccións diferentes de mostras desta flor.
Ademais, a xornada contou cos concertos da escola de música da Banda de SantaCruz de Ribadulla pola mañá e da coral polifónica desta mesma localidade pola tarde, nun día no que tamén houbo tempo para o espectáculo infantil e familiar de Patty Diphusa e para a celebración dun obradoiro de pintado con camelias.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Playmobil y el Día del Circo convierten Área Central en el gran plan familiar del fin de semana
- El Obradoiro, sin piedad con el Ourense en el derbi
- Educación adjudica las obras de ampliación del IES Lamas de Abade y de cambio de cubierta del Rosalía de Castro
