O Concello de Val do Dubra formaliza a súa oposición ao vertedoiro de Niveiro
Rexeitan o proxecto presentado para rehabilitar e destinar a novos usos o espazo da antiga canteira

Concentración organizada en Bembibre (Val do Dubra) contra o vertedoiro de Niveiro / Cedida
O Concello de Val do Dubra formalizou a súa oposición ao proxecto para instalar un vertedoiro na antiga canteira de Niveiro coa presentación das súas alegacións ante a Sección de Minas da Xunta de Galicia.
O executivo dubrés, dirixido polo alcalde Diego Luis Díaz Méndez, rexeita o proxecto existente para a rehabilitación deste espazo en base aos informes municipais e ao elaborado pola empresa TYSGAL, que —aseguran— «poñen de manifesto diversas deficiencias na documentación presentada e a incompatibilidade do proxecto cos valores ambientais, paisaxísticos e socioeconómicos da zona».
Do proxecto para a antiga canteira preocupa especialmente no Concello o impacto negativo que tería a instalación deste vertedoiro por diferentes motivos; ademais de que o rexeitamento espertado entre a veciñanza pon de manifesto a «ausencia de licenza social para a súa execución».
Val do Dubra solicita, pois, a Minas, que non autorice o proxecto e insta á promotora do mesmo a presentar unha nova proposta «que priorice a restauración ambiental do espazo degradado, garantindo a protección do entorno e o benestar da comunidade».
Dende a saída a información pública do plan para Niveiro a Xunta ten recibido preto de 2.500 alegacións contrarias á instalación deste vertedoiro como parte dunha campaña levada a cabo por diferentes entidades ecoloxistas e medioambientais.
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo

