Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ENTROIDO 2025

Oroso prepárase para celebrar o Entroido cun amplo programa para todas as idades

O Concurso de Máscaras e Disfraces repartirá mañá sábado grandes premios

Cartel do entroido 2025 en Oroso

Cartel do entroido 2025 en Oroso / CEDIDA

B.C.

Oroso

O Concello de Oroso ten todo listo para festexar o Entroido cunha programación chea de música, concursos e diversión para todas as idades. Xa dende onte, e ata o vindeiro mércores 5 de marzo, os veciños e visitantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades con propostas para todos.

Despois de que este xoves se iniciara a celebración co concerto das ESMU no Auditorio do Centro Cultural, mañá sábado será a quenda dos concursos, coa celebración do Concurso de Máscaras e do Concurso de Disfraces. Ambos os dous certames repartirán grandes premios, en metálico e outros recoñecementos como unha estancia para dúas persoas nas Cabanas do Bosque, entre os gañadores dos mesmos nas distintas categorías.

O luns 3 o Entroido trasladarase á carpa situada diante do centro deportivo, onde terá lugar a Festa de Disfraces a partir das 18.00 horas e amenizada por unha Disco Móbil. Ademais, os asistentes poderán participar nun taller de maquillaxe e tomar divertidas fotos nun fotomatón.

ESPECIAL ENTROIDO 2025

ESPECIAL ENTROIDO 2025

ESPECIAL ENTROIDO 2025

Por último, o Mércores de Cinza, día 5 de marzo, o Centro Cultural acollerá os obradoiros reposteiros para nenos de máis de tres anos, onde os participantes poderán aprender e degustar as tradicionais sobremesas do Entroido.

Tracking Pixel Contents