Apoio plenario para as traballadoras da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns
BNG e PSOE aprobaron unha moción que pide a readmisión dunha delas

Concentración das traballadoras da Escola Infantil Merlín / Cedida
O pleno do Concello de Ames aprobou este xoves unha moción do grupo do BNG pola que a corporación amesá lle transmite ás traballadoras da Escola Infantil Merlín, sita en Bertamiráns, o seu apoio ante o conflito laboral que están a ter coa empresa responsable deste espazo educativo.
O texto, que saíu adiante cos votos a favor dos nacionalistas e do grupo de goberno do PSOE, solicita tamén que a Xunta de Galicia medie para resolver esta situación «garantindo a readmisión dunha asalariada despedida» e tamén o cumprimento dos dereitos laborais do persoal deste centro.
Así mesmo, por parte da administración local, demándase que se establezan «os contactos necesarios» coa Consellería de Política Social para acadar «unha solución eficaz» a este conflito sen que mingüe a calidade dos servizos educativos prestados.
Ano Castelao
Por outra parte, o pleno amesán tamén deu luz verde a outra moción dos nacionalistas para promover actividades en Ames ao longo deste ano para que se festexe o Ano Castelao.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
