O desfile de Entroido de Ames celebrarase o domingo no Milladoiro con 2.400 euros en premios
O concurso infantil será o luns en Bertamiráns

Asistentes a unha festa de Entroido en Ames. | Cedida
REDACCIÓN
O Milladoiro e Bertamiráns repártense un ano máis o protagonismo na programación de Entroido deseñada polo Concello de Ames. Unha das actividades máis agardadas é o desfile e concurso de disfraces, que se celebrará o domingo 2 de marzo no Milladoiro e no que colabora a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). A saída será ás 17.00 horas desde o aparcamento da casa da cultura e ao ritmo do grupo Charanga Mekánica.
Os participantes percorrerán a rúa Pardiñeiros ata Agro do Medio, seguirán pola rúa Agro da Madalena e subirán por Cereixos para rematar ante a casa da cultura.
En total, entre todas as categorías (individual, grupos pequenos e grupos grandes), repartiranse 2.400 euros en premios. Hai máis de 200 persoas inscritas, se ben o prazo está aberto ata o propio día ata as 16.30 horas. Tras a entrega de premios a Charanga Mekánica amenizará a festa final.
A festa da cativada será o luns
Xa o luns 3 de marzo terán lugar en Bertamiráns a festa e o concurso de disfraces infantil. Ata o momento hai inscritos máis de 60 nenos e nenas, pero a rapazada que desexe participar pode apuntarse o propio día do desfile. Terán que facelo na Praza da Maía, de 15.30 a 16.30 horas. O concurso comezará ás 17.00 horas. Haberá premios de 75, 50 e 25 euros para os tres mellores disfraces individuais e de 250, 150 e 75 euros para os tres grupos mellor caracterizados.
Ademais, a festa contará con picadiscos e obradoiro de maquillaxe durante toda a tarde.
Pero a programación festiva comeza xa mañá sábado, 1 de marzo, coa Festa de Entroido que se vai celebrar na Praza da Maía, en Bertamiráns. Comenzará ás 17.00 horas coa exhibición de Danzaya, composta por dezaoito actuacións de diferentes estilos de baile, entre eles baile moderno, funk, hip-hop ou k-pop. Xa ao redor das 18.30 horas terá lugar a actuación de Dani Barreiro, que amenizará a tarde ata o final de festa.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días


