Clamor unánime en Ames pola mellora da seguranza na estrada AC-544
O pleno respalda unha declaración institucional que insta á Xunta a tomar medidas nesa estrada

Un dos tramos de tres carrís da estrada AC-544, entre Bertamiráns e Ames / Cedida
O pleno do Concello de Ames aprobou este xoves unha declaración institucional, un texto que precisa do respaldo de todos os grupos que forman a corporación, na que se demanda a adopción urxente de medidas de mellora da seguranza viaria na estrada AC-544, que une a vila amesá de Bertamiráns con Negreira.
Este documento sae adiante apenas unhas semanas despois de que unha muller de 56 anos, veciña de Santiago de Compostela, falecera nun accidente de tráfico nesta vía, que contabiliza un alto número de sinistros cada ano.
A AC-544 é unha estrada de titularidade autonómica de preto de doce quilómetros de lonxitude que enlaza Bertamiráns e Negreira a través dos concellos de Ames, Brión, Negreira e A Baña. O Executivo amesán carece de competencias para actuar nesta vía, polo que o acordo plenario insta á Xunta a tomar cartas no asunto.
Deste xeito, Ames demanda do Goberno galego unha análise pormenorizada «para sinalizar a AC-544 nas zonas máis perigosas como tramo de concentración de accidentes» e que, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, se elabore e execute xunto co Concello un plan integral de melloras «para garantir a seguridade dos condutores, condutoras e viandantes», con especial énfase nos lugares de Piñor e Reino.
Na exposición de motivos desta declaración institucional, a corporación municipal amesá recalca que hai case vinte anos que tanto a veciñanza como o Concello de Ames veñen reclamando medidas que melloren a seguridade nesa contorna, toda vez que as adoptadas teñen demostrado ser «ineficaces e inexistentes».
O tráxico accidente de hai unhas semanas, engaden, «volveu poñer no foco unha problemática que afecta tanto á seguridade da veciñanza amesá como a todas aquelas persoas que se ven na obriga de transitar cos seus vehículos pola estrada AC-544», polo que consideran preciso que a administración autonómica exerza as súas competencias e poña «punto e final á negra historia deste viario».
Segundo o exposto, «a situación non fixo máis que agravarse» nos últimos anos, nos que o número de persoas que sufriron un accidente se incrementou ata facer que a veciñanza da zona viva «nunha grande situación de inseguridade no seu día a día para a realización de actos cotiáns», como coller o autobús ou simplemente tirar o lixo.
- Paz Padilla, tras completar el Camino de Santiago: “El verdadero regalo no es llegar a Santiago, sino…”
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Luz verde para construir casi 3.000 viviendas en Santiago: viviendas unifamiliares, un edificio de trece plantas y zonas verdes
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa

