Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames abre o prazo de inscrición en comedores e outros concilias

O novo regulamento que rexerá o acceso a estes servizos non entrará en vigor ata o curso 2026-27

Entrada do CEIP de Barouta, un dos centros nos que se prestan os servizos municipais de conciliación

Entrada do CEIP de Barouta, un dos centros nos que se prestan os servizos municipais de conciliación / ECG

O Concello de Ames anunciou onte que o prazo para solicitar praza ou renovar as xa existentes nos servizos complementarios de educación e conciliación de titularidade municipal está xa aberto e estará dispoñible ata o vindeiro día 31 do presente mes de marzo.

Non se aplicará, de momento, o novo regulamento que rexe o acceso a estas prestacións aprobado recentemente en pleno, dado que non é posible facelo polos prazos da súa tramitación. Dita modificación foi obxecto de discrepancias entre as forzas políticas da corporación amesá no seu momento.

Así pois, os usuarios e usuarias da rede de comedores escolares e dos programas de conciliación Bos días cole e Tardes divertidas terán todo este mes de marzo para tramitar as súas solicitudes a través da sede electrónica municipal ou nas oficinas do Concello.

Estes programas teñen como principal obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. Os servizos de conciliación ofértanse nas instalacións dos cinco centros de Educación Infantil e Primaria públicos deste municipio: CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro. Ademais, o servizo de Bos días e os comedores escolares ofértanse tamén na EEI A Igrexa e EEI de Covas.

Tracking Pixel Contents