O DOG publica a aprobación da primeira fase do proxecto para converter en autovía o corredor Brión-Noia
A actuación, cun investimento de máis de 29 millóns de euros, permitirá avanzar no desdobramento de 9,66 quilómetros da vía

Un tramo do corredor Brión-Noia / Antonio Hernández

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de trazado da primeira fase da conversión en autovía da Vía de Altas Prestación Brión-Noia. A actuación inclúe tamén a declaración de utilidade pública, permitindo a ocupación urxente dos terreos necesarios para a súa execución.
A intervención contempla un investimento superior aos 29 millóns de euros e abranguerá o desdobramento dun tramo de 9,66 quilómetros, dende o final da autovía Santiago-Brión (AG-56) ata o inicio do tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km do tramo Brión-Noia.
Detalles do proxecto
O proxecto, aprobado pola Xunta o pasado 24 de febreiro, contempla unha calzada con dous carrís de 3,5 metros por sentido, beiravías exteriores de 2,5 metros e interiores dun metro, así como unha mediana de 3 metros entre ambas plataformas.
Ademais, a actuación inclúe modificacións na conexión coa autovía AG-56 para adaptar o trazado á nova configuración, o que obrigará á reconstrución dalgúns elementos, comos os noiros na marxe esquerda en dirección Noia.
A infraestrutura conta actualmente con dous enlaces a distinto nivel, Urdilde e Martelo, que se manterán, mentres que o ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago, desaparecerá pola imposibilidade de conservalo co novo desdobramento.
Outro dos elementos clave do proxecto será o viaduto de Naveira, para o que se construirá unha ponte xemelga á xa existente. Esta nova estrutura contará con sete vans de 40 metros de luz, fustes octogonais e un taboleiro de 11,50 metros de ancho.
Calendario previsto: licitación este ano e execuxión en 18 meses
A Xunta prevé licitar as obras do subtreito Brión- enlace de Urdilde ao longo deste ano, cun prazo de execución estimado de 18 meses. Previamente, convocarase o levantamento de actas previas para as expropiacións dos 11 predios necesarios para acometer a obra.
Cabe destacar que, na construción inicial da vía Brión-Noia, xa se tiveron en conta os requisitos para a súa futura conversión en autovía, executando movementos de terras principais e estruturas superiores e inferiores que agora non precisarán ampliacións significativas, salvo no caso dun paso inferior no punto quilométrico 11+990.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Ames prevé construir este año el complejo que cubrirá las demandas deportivas de Milladoiro


