Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

O FIOT carballés distinguido como festival de teatro máis destacado de Galicia

Nas súas trinta e tres edicións acolleu máis de 350 formacións e artistas

Leo Bassi actuando no FIOT de Carballo

Leo Bassi actuando no FIOT de Carballo / Vanessa Rábade

Carballo

O FIOT de Carballo é o festival de teatro máis destacado da cultura galega en 2024, segundo o barómetro anual que publica o Consello da Cultura Galega e que inclúe música, literatura, audiovisual e artes escénicas.

Na clasificación global o FIOT ocupa o posto 31, sendo a terceira actividade de artes escénicas mellor valorada e o primeiro festival de teatro en Galicia. Un recoñecemento que se suma á distinción, o pasado mes de xaneiro, como o cuarto mellor proxecto cultural galego de 2024, segundo o prestixioso Observatorio de la Cultura da Fundación Contemporánea.

Nas súas 33 edicións, o FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego.

Deste xeito, máis de 350 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez ‘El Brujo’, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Grupo Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Touriñán ou Quico Cadaval.

Tracking Pixel Contents