Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONCURSOS

Os da Charca, de Fisterra, conquistan o Entroido en Cee e Baíñas

A Costa da Morte despediu a don Carnal con coloridos desfiles e concursos

A comparasa Os da Charca, de Fisterra, celebrando o primeiro premio en Cee

A comparasa Os da Charca, de Fisterra, celebrando o primeiro premio en Cee / Jorge Parri

Cee

Cor, alegría, humor e retranca na despedida do Entroido en Costa da Morte con dous animados desfiles e concursos en Cee e Baíñas (Vimianzo), onde a comparsa Os da Charca, de Fisterra, conquistaron aos respectivos xurados para levarse o primeiro premio nas dúas localidades.

Na capital ceense repartiron nada menos que 5.600 euros. Na categoría de comparsas tamén resultaron premiados Os Enjominados de See (Cee), e Os Trotamúsicos (Fisterra). Completaron a lista clasificatoria Guardianes de la vida (Camariñas), D’Jarana (Louro), A.D.C Rapacollóns (Fisterra), A.C Mocatriz (Vimianzo), Os de Sempre (Porto do Son) e O Campo do Bo Rollo (Corcubión).

A alcaldesa, segunda esquerda, e os membros do goberno de Cee transformados en peregrinos

A alcaldesa, segunda dereita, e os membros do goberno de Cee transformados en peregrinos / Jorge Parri

Na categoría de carrozas os premios foron para Os Enjominados de See (Cee), Os Trotamúsicos (Fisterra) e Guardianes de la vida (Camariñas), namentres que na modalidade de disfraces individuais levaron premio Algo de todo, Frida Khalo e A Bruxa do conto. Pola súa banda, as mellores parellas foron A Dama e o Cabaleiro dos xornais, Os cafezudos africanos e Alicia e o seu gato.

En Baíñas ademais dos disfraces, non faltou o tradicional lacón con grelos, acompañado de pan, viño e filloas para desfrutar dunha festa amenizada musicalmente polo DJ Chicho. Da organización encargáronse, un ano máis, os membros da Comisión de Festas de Baíñas que, coa colaboración co Concello de Vimianzo, repartiron 2.870 euros en premios.

A alcaldesa, á dereita, e os edís do goberno de Vimianzo reivindicando a igualdade en Baíñas

A alcaldesa, á dereita, e os edís do goberno de Vimianzo reivindicando a igualdade en Baíñas / C. V.

Na categoría de comparsas, os gañadores foron Os da Charca, de Fisterra, co espectáculo Steampuk, e o segundo premio foi para a AC Trubisquiñas, de Vimianzo, por Ti máis eu. Completou o podio a AC Os Enjominados de See, de Cee, co espectáculo Unha de pistoleiros do Noroeste.

Actuación dunha das comparsas no concurso do Entroido de Baíñas

Actuación dunha das comparsas no concurso do Entroido de Baíñas / C. Vimianzo

Na modalidade de grupos o premiados foron Do futuro (Ponte Disfraz), Club Deportivo Fervello e Os avispados da Carantoña, namentres que as mellores parellas foron Os cafezudos africanos, Dama e cabaleiro medieval e O Titanic. E os mellores difraces individuais na categoría infantil foron Frida Kahlo, Algo de todo e Helado fantasía, e entre os adultos foron agasallados O Furbi e Reina de corazones.

Desde o Concello de Vimianzo agradecen "a todas as persoas que se animaron a participar e pechar o Entroido por todo o alto” e tamén o labor de "todos os voluntarios e voluntarias da organización, unha peza clave e fundamental para o desenvolvemento desta xornada”.

Tracking Pixel Contents