“Oxalá llo vendera a alguén que o necesite”: un cupón deixa un soldo para dez anos en Tordoia
Mauro Barreira Virdis é o repartidor da ONCE que vendeu o boleto premiado con dous mil euros ao mes durante dez anos consecutivos

Mauro Barreira Virdis, vendedor da ONCE que repartiu un premio de dous mil euros ao mes durante dez anos en Tordoia / Cedida
Hai algo menos de ano e medio que Mauro Barreira Virdis vende boletos para a ONCE. Este veciño de Carballo, natural de Cabana de Bergantiños, cobre na actualidade unha ampla ruta polo norte da provincia da Coruña que o leva por varios municipios da área de Compostela, como Tordoia ou Trazo.
Tras pasar unha tempada repartindo polos municipios da Costa da Morte, agora está a cargo dun percorrido diario que el mesmo describe como “bastante longo” e no medio do cal a fortuna ten feito acto de presenza. En todos estes meses, relata Barreira, o maior premio que repartira ata o de agora fora un cupón de mil euros en Tordoia; localidade que hoxe protagoniza unha noticia maior.
Neste municipio coruñés, o último sorteo do Sueldazo da ONCE ten deixado unha persoa agraciada cun premio de dous mil euros ao mes durante os vindeiros dez anos. Un boleto entregado por un vendedor, Mauro Barreira, radiante de felicidade polo resultado deste sorteo. “Séntame moi ben, é como se me tocara a min”, declara, nunha conversa neste xornal na que traslada que aínda non coñece o nome do afortunado ou afortunada.
“Espero sabelo hoxe”, afirma, nun breve descanso dunha ruta que o leva cada día por bares, negocios e fogares de particulares; antes de engadir que ten claro a quen lle gustaría que lle tocase. “Cando mo dixeron pensei que oxalá llo vendera a alguén que o necesite”, di Barreira, que confía en que o número premiado fora dalgún dos seus clientes habituais en Tordoia.
Explica que son eles os que máis xogan nestes sorteos de fin de semana, coma o do pasado día 9 de marzo, dedicado á localidade cántabra de Comillas, que repartía un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros ao contado, máis 5.000 euros ao mes durante vinte anos consecutivos. Foi este mesmo sorteo o que deixou en Tordoia, das mans de Barreira, un dos catro boletos premiados con dous mil euros ao mes durante dez anos consecutivos.
Os cupóns da ONCE son parte dos produtos da lotería social, segura, responsable e solidaria comercializados por esta organización; que implementa controis para neutralizar consumos descontrolados e prohíbe expresamente a venda a menores de idade ou o consumo a crédito, entre outras medidas.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Elecciones USC: Flores cuestiona la entrada de Juanatey en el equipo de Crujeiras
- Un crack compostelano de la FP:«Quiero dedicarme a la automoción»
- Vivienda protegida en Santiago: 18 empresas optan a realizar el proyecto para Volta do Castro

