Un erro da Xunta obriga a ampliar o prazo para alegar contra o vertedoiro de Niveiro
A documentación do proxecto desapareceu antes do tempo do portal oficial no que estaba publicada

Pancarta xigante pendurada en Bembibre contra o proxecto do vertedoiro de Niveiro / Cedida
As persoas interesadas en formular alegacións a favor ou en contra do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira de Niveiro, en Val do Dubra, onde Francisco Gómez y Cia, S. L. planea a apertura dun vertedoiro; dispoñen dun prazo extraordinario de dez hábiles máis para presentar os seus argumentos.
Isto débese a un erro cometido pola Xunta de Galicia durante a fase de exposición pública deste proxecto, cuxa documentación foi retirada de maneira prematura do portal oficial onde podía ser consultada.
Por este motivo, o Diario Oficial de Galicia publicaba este luns un anuncio coa ampliación deste prazo, tras as queixas presentadas tanto pola Asociación Medioambiental de Niveiro, que percibiu o erro, coma polo propio Concello de Val do Dubra, contrario a esta tramitación.
Deste xeito, as persoas interesadas en formular as súas alegacións poderán presentar as mesmas ata o vindeiro día 24 de marzo, cando se pechará definitivamente o prazo de exposición pública deste proxecto.
Dende Val do Dubra, lembran que a Asociación Medioambiental de Niveiro ofrece modelos de alegacións para asinar e asesoramento sobre os pasos a seguir ás persoas que queiran sumarse á súa campaña. Para iso, ofrecen tanto un enderezo de correo electrónico coma un teléfono de contacto.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»
- Rebelión a bordo: la flota de bajura inicia el lunes un amarre indefinido ante las duras normas que impone la UE
- El conflicto en los autobuses se encalla en la provincia de A Coruña y avanza hacia la huelga indefinida

